Logramos o apoio unánime do Pleno para que se impulse o Parque Empresarial da Barbanza

O BNG con un plano do Polígono, reclamando en Pleno o impulso do mesmo

O BNG congratúlase de que o Pleno da Corporación de Ribeira respaldara de xeito unánime o acordo de instar á Xunta de Galiza a que, de forma urxente, retome o proxecto para que o Parque Empresarial da Barbanza sexa unha realidade o antes posíbel.

No Pleno do pasado luns, día 29 de marzo, aprobouse por unanimidade unha moción do BNG, na que se recollía o anterior acordo respaldado por toda a Corporación do Concello de Ribeira, para reclamar diante da Xunta de Galiza o impulso dun proxecto estratéxico para Ribeira e a Barbanza. Agardamos que o compromiso do Partido Popular de Ribeira sexa firme para reclamar diante da Xunta o cumprimento deste acordo, pois nos preocupa que o PP no Parlamento Galego (tamén Manolo Ruíz), que sustenta ao goberno da Xunta, votara en contra dunha proposta de resolución que incluía, entre outros puntos, o de “axilizar a tramitación do Polígono Industrial da Barbanza”.

Con todo, non deixa de sorprendernos e preocuparnos os datos aportados polo voceiro do PP e ratificados polo Alcalde de Ribeira. Según esta información, facilitada no Pleno, a construción do parque faríase por fases e retrasaríase até o 2012-2015 ao incluílo no novo Plan sectorial de solo empresarial de Galiza. O goberno de Ribeira non foi quen de expor datos obxectivos que xustifiquen este retraso.

Lembremos que a Consellería de Vivenda e Solo adxudicou en outubro do 2008, por 59.392 €, a redacción do proxecto de expropiación dos terreos necesarios para o desenvolvemento do Parque Empresarial do Barbanza. A empresa que resultou adxudicataria, Nortagro S.L., dispoñía dun prazo de 2 meses para redactar este documento. A la Consellería de Vivenda e Solo do anterior goberno da Xunta, deixou os trámites deste proxecto nunha fase moi avanzada, mesmo tiña previsto o inicio das obras no primeiro semestre do 2009.

O investimento total que estaba previsto nesta actuación era de 32.062.224 euros, dos que máis de 27 millóns se adicarían á urbanización e 4,1 millóns se empregarían na adquisición de terreos.

Cabe lembrar tamén que o Parque Empresarial da Barbanza íase desenvolver sobre unha superficie total de 1.008.928 metros cadrados entre os municipios de Ribeira e Pobra do Caramiñal, que comparten unha economía relacionada co sector pesqueiro e cunha actividade industrial concentrada na conserva. Da superficie total, 541.520 metros cadrados serian de uso empresarial e industrial, 311.824 metros cadrados para espazos libres, 124.198 metros cadrados para a rede viaria e 31.386 metros cadrados para equipamentos.

Máis información…

Nova na Voz:
Acordo unánime do pleno de Ribeira a favor do macropolígono

Iniciativa Municipal aprobada por unanimidade:
2010-02-12mocion-poligono-barbanza.pdf

Unha reflexión sobre “Logramos o apoio unánime do Pleno para que se impulse o Parque Empresarial da Barbanza

  1. Fracasado

    Torres fará o imposible por retardar este polígono: el vive de promesas. Este polígono, que o comenzou o anterior goberno, supón a negación absoluta do traballo do PP nos 20 anos que levan gobernando. Pero non nos enganemos, irá adiante se Ribeira se move, senon non.
    PS: o do prazo de 2015 que dixo o Alcalde é simplemente de risa.

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *