Pleno Municipal febreiro 2010

No Pleno Ordinario do Concello de Ribeira do vindeiro luns, día 22 de febreiro, debateranse un importante número de iniciativas presentadas polo BNG: 6 mocións e numerosas solicitudes. Cabe indicar que, por unha cuestión organizativa, está limitado o número de mocións a presentar por cada grupo municipal. En concreto ao BNG correspóndenos un máximo de 6. Lembramos que os plenos son públicos e poden asistir todas aquelas persoas que o desexen.

Preme enriba da iniciativa para obter máis información sobre a mesma.

As mocións son en relación cos seguintes temas:

1.- Ordenanza reguladora da limpeza de terreos e solares en chan urbano e de núcleo rural
2.- Dotación de celadores no Hospital da Barbanza
3.- Melloras na praza da urbanización do Rueiro e dotala co nome de Praza da Dorna
4.- Situación do Parque Empresarial da Barbanza
5.- Melloras na Biblioteca Municipal
6.- Situación das Unidades de Xestión Forestal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *