Solicitamos que se arranxe o alumeado da Praza do Centenario

O BNG, recollendo as queixas da cidadanía, presentou unha iniciativa municipal pola que solicitou o arranxo urxente do alumeado da Praza do Centenario. Tamén reclamou que se coloque algún tipo de decoración ou alumeado de Nadal

A Praza do Centenario de Ribeira é un punto de encontro de numerosas persoas particularmente nenos e nenas xa que nela atópase un parque infantil. Tamén é unha zona de paso tanto para viandantes e veciños e veciñas do lugar de Abesadas. Na praza tamén se atopa unha parada de autobuses non só de liña urbana senón tamén dos autobuses escolares.

Dende fai tempo está praza está totalmente a escuras xa que non se encende o alumeado do que dispón dita praza. Esta situación prexudica tanto ao alumnado dos centros educativos que pola mañá cedo esperan os autobuses como pola tarde aos nenos e nenas que non poden facer uso deste parque infantil porque a partir das seis ou sete da tarde está totalmente a escuras.

Asemade en dita praza non se colocou ningún tipo de alumeado navideño.

Iniciativa Municipal:
2009-12-17alumeado_praza_centenario.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *