Reclamámos información sobre a adxudicación da Escola Infantil Municipal

O BNG ven de presentar unha iniciativa pola que reclama información sobre a sentenza emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza a respecto da adxudicación da Escola Infantil Municipal e sobre as medidas levadas a cabo polo Goberno do PP dende a data na que tiveron constancia desta sentenza. Tamén solicita o cumprimento da mesma

O 27 de setembro de 2004, cos votos a favor do PP, o Pleno do Concello acordou a adxudicación do concurso convocado para a xestión do servizo público da Escola Infantil Municipal a dúas adxudicataria, as Sras. García Escurís, que a levan xestionando dende aquela.

A Empresa que quedou en segundo lugar presentou un recurso contencioso-administrativo (número 175/2005) contra o Concello de Ribeira no Xulgado Contencioso-administrativo número un de Santiago de Compostela. A razón pola que as adxudicatarias deste concurso non podían presentarse ao mesmo é porque o fixeron como dúas personas físicas non unidas xuridicamente.

O fallo deste Xulgado, emitido en decembro do 2006 e notificado ao Concello en xaneiro do 2007, foi “resolver o concurso a favor do recorrente (a empresa que quedou en segundo lugar) e declarar nula a adxudicación realizada no Pleno”.

O Concello interpuxo recurso de apelación nº 4183/2007 ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que o 26 de febreiro do 2009 emitiu sentenza fallando en contra do Concello de Ribeira, desestimando o recurso de apelación. A resolución emitida é definitiva por non caber contra ela ningún outro recurso.

Temos que denunciar, unha vez máis, o escurantismo e o déficit democrático do Goberno do PP de Ribeira, pois o Grupo Municipal do BNG enterouse de forma extraoficial desta información xa que nin o Goberno, nin o Alcalde informou aos grupos da oposición, polo menos non ao BNG, nin do recurso presentado polo Concello de Ribeira, nin da sentenza emitida polo TSXG.

Nova escola infantil:

Por outra banda, o BNG considera moi positivo que, por fín, o Alcalde rectifique e considere que é necesaria unha nova escola infantil, xa que o Concello de Ribeira ten un censo de aproximadamente 1.000 nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Sen embargo, daquela, no Pleno de novembro do 2007, o Goberno do PP votou en contra da iniciativa do BNG na que solicitábamos que se puxera a disposición o devandito terreo, por considerar que nese momento non era necesaria a galescola, pese a que o censo decía todo o contrario.

Lamentabelmente, esta falta de previsión ou, máis ben, de hipocrisía política, ocasiona estas listas de espera, antes silenciadas polo PP, e, polo tanto, que moitos pais e nais non dispoñan de prazas infantís públicas, cando nestes intres podíamos contar con unha nova escola infantil en Ribeira.

Iniciativa Municipal:
2009-09-09-xestion-escola-infantil.pdf

Nova no Canal Rías Baixas:
O BNG acusa ao goberno de ocultar unha sentencia da gardería municipal

Nova na Voz de Galicia:
O BNG saca á luz unha sentenza que declara ilegal a adxudicación da gardería de Ribeira

Nova no Correo Galego:
Una sentencia anula la concesión de la gestión de la guardería pública

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *