Solicitamos celadores/as para o Hospital da Barbanza

O BNG interésase no Parlamento Galego pola posición da Consellaría de Sanidade ante as demandas dos traballadores e traballadoras do Hospital da Barbanza de crear a categoría laboral de celador/a

O Decreto 91/2007, de 26 de Abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellaría de Sanidade, supuxo a equiparación do persoal das fundacións sanitarias ao persoal estatutario.

Segundo este decreto, establecese que “así mesmo, a homologación deberase producir nas condicións de traballo do réxime estatutario, de forma que os traballadores pasarán a participar dos dereitos e deberes do persoal estatutario en condicións de homoxeneidade para que o dereito de opción de integración sexa real e efectivo no eido estatutario, tendendo a evitar as discriminacións derivadas da existencia de réximes xurídicos distintos, eludindo a concorrencia de privilexios ou prexuízos pola pertenza a un ou outro réxime xurídico”.

Atendendo a este precepto existe unha demanda de traballadores e traballadoras deste hospital para que se cree a categoría profesional de celador, a fin de equiparar o funcionamento e condicións laborais en todos os centros hospitalarios, e sen prexuízo de que isto supoña unha redución do cadro de persoal noutras categorías.

Iniciativa Parlamentar:
2009-05-13-celadores-hospital-barbanza.pdf

3 Comments on “Solicitamos celadores/as para o Hospital da Barbanza”

  1. temos máis de 700 firmas en barbanza e outras tantas en cee…
    proximamente serán entregadas na conselleria de sanidade para ver si remedían este atropello, o que ocorre coas aux de enfermería nestes centros e moi inxusto, temos q facer o noso traballo e tamén o do celador, e a todo correr,non paramos, non nos respetan…esto non ocorre nos hospitais do sergas, e istes barbanza e cee non son agora do sergas? pois q se decidan e nos equiparen na totalidade non a medias…non somos traballadores e traballadoras de segunda…
    as auxiliares do chus so fan a sua función, q e pola q lles pagan, atender o paciente como dios manda,atendendo as suas necesidades basicas, aseo, alimentación, axuda coas curas de enfermería, toma de constantes…e as destes centros son chicas e chicos pra todo, ahora fago de auxiliar,agora de celador….esto e inxusto
    que alguen nos escoite por deus, xa q nestes centros os directivos miraban todos pra outro lado, non escoitan as auxiliares, que somos profesionais titulados e temos q ser respetados coma os demais, e non sentirnos agraviados desta maneira,
    dende o BNG, tendes pensado facer algo máis?
    douvos as grazas pola miña parte e das miñas compañeiras/0s de profesión polo apoyo prestado,
    unha máis no barbanza

  2. bueno agora xa entregaron s noss compañeir@as as firmas na consellería, a ver q pasa en agora en diante…fara caso a sral conselleira? os partidos da oposición tendes máis medidas? contestaron a vosa petición formal de celadores? en cee xa se fala de número de celadores e coma sempre en barbanza, “SITIO DISTINTO” nin se fala…

    agora que non veñan co tema da crisis, que levamos asi mais de dous anos, o tema xa empezou co bipartito, que tampouco escoitou o tema nin lle importou, o mais mínimo…
    saúdos

  3. seguimos sen celadores, a que se espera?
    esta dirección é como a outra, distinta afinidade política pero igual idea= recortar e gastar menos, eso si que os traballadores se clonen e traballen un por dous…que ben estamos!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *