O BNG resaltou en Ribeira o seu compromiso co sector pesqueiro

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participou no serán de onte nun mitin en Ribeira no que tamén participaron a portavoz municipal, Dominga Brión, e a número un do BNG na lista ás eleccións europeas, Ana Miranda.

O BNG reiterou en Ribeira o seu compromiso cos sectores produtivos, nomeadamente co sector pesqueiro, e co dereito dos galegos e galegas a poder vivir e a producir na nosa terra.

A portavoz municipal do BNG de Ribeira, Dominga Brión, lembrou que o sector mar-industria é o motor da economía, non só da comarca, senón tamén deste país. Indicou que o BNG reclamará no Parlamento Europeo un novo estatus institucional para o noso país en materia pesqueira. Que se nos permita participar como país nas institucións comunitarias onde se adoptan decisións que afecten ao sector.

O BNG impulsará a nosa pesca, o marisqueo e a acuicultura, tanto do mexillón como doutras especies, vinculada á creación de máis postos de traballo, á mellora da comercialización e á innovación das técnicas de cultivo.

Tamén defenderá o acceso a fondos vinculados á mellora do marisqueo e ao saneamento e depuración das nosas augas residuais, para que concellos coma o de Ribeira, que leva máis de 20 anos consecutivos gobernados polo Partido Popular teñan, por fin, o saneamento integral que necesitan e que o goberno do PP aínda non foi quen de xestionar.

Dominga Brión indicou que a presenza do BNG no Parlamento Europeo servirá para impulsará a estabilidade no emprego e condicións laborais dignas para todos os traballadores e traballadoras. Algo de moita importancia en situacións de crises como a que estamos a vivir. A clase traballadora non pode pagar as consecuencias dunha crise que non provocou, concluíu.

Máis información…

Nova na Voz:
Ana Miranda pide en Ribeira o voto para o BNG «para defender en Bruxelas interésesvos de Barbanza»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *