Reclamamos a constitución do Consello Escolar Municipal

O BNG presentou unha iniciativa pola que reclama diante do Pleno da Corporación Municipal que o Goberno do PP constitúa, á maior brevidade posible, o Consello Escolar Municipal de Ribeira

A Lei de Consello escolares de Galicia promulgouse xa no ano 1986 co obxectivo de desenvolver o dereito constitucional á participación na programación xeral do ensino.

Nesta lei indícase que a participación debe estenderse ao ámbito municipal polo que establece a obrigatoriedade de constituír os consellos escolares municipais. No Decreto 44/1988, de 11 de febreiro concíbense os consellos escolares municipais como pezas básicas e fundamentais para a eficaz instrumentalización da participación da comunidade escolar.

A comunidade educativa do concello de Ribeira (profesorado, alumnado e ANPAs) leva anos demandando a constitución deste consello escolar sen obter resposta algunha por parte deste goberno municipal. Consideramos urxente que se poña en funcionamento no vindeiro curso escolar.

Iniciativa Municipal:
2009-03-21consello-escolar-municipal.pdf

2 Comments on “Reclamamos a constitución do Consello Escolar Municipal”

  1. O outro día non puiden ir ao pleno porque tiña outros compromisos, pero tiña ganas de ir sobre todo para ver en que quedaba a vosa proposta.

    Foi aprobada a vosa proposta? Que sucedeu?

  2. Pois, si. Foi aprobada, coma sempre dende o ano 1995 que penso que foi a 1ª vez que presentamos esta iniciativa. Outra cousa é a súa posta en marcha.

    Un dos moitos acordos plenarios aprobados e incumpridos.

    Saúdos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *