A veciñanza reclama o arranxo da fochanca do Outeiro

Fochanca no Outeiro

A veciñanza reclama o arranxo da fochanca de grandes dimensións que leva preto de dous anos aberta diante das súas vivendas no Outeiro, en Carreira.

O BNG, recollendo a inquedanza dos veciños e veciñas, ven de presentar novamente unha iniciativa municipal pola que lle solicita ao Goberno Municipal que, coa máxima urxencia posible, proceda ó arranxo da devandita rúa.

A rúa do Outeiro, en Carreira, fai case dous anos que ten aberta unha enorme fochanca, de dimensións considerables, froito dunha rotura de tubaria do saneamento ó intentar soterrar o cabreado eléctrico.

A veciñanza do lugar esta cansa de agardar polas promesas que o Grupo de Goberno Municipal lles fai, en numerosas ocasións se dirixiron a eles para que se arranxara a situación, pois estaban a ser prexudicados enormemente, e por parte deste Concello como e moi habitual, prometese e logo mirase para o lado. E así o problema destas xentes segue sen solucionarse case dous anos despois.

Como ben se dixo antes, o socavón que alí hai é de considerables dimensións, o que supón un risco para os vehículos que circulan, para os paseantes que percorren a rúa, e como non para os/as veciños/as do lugar que alí residen. Estase a falar de case dous anos convivindo con este estorbo, e neste tempo a única xestión do Goberno Municipal foi colocar unhas chapas de ferro sobre os buratos, unhas placas que cada vez que pasa un vehículo por enriba delas emiten un enxordecedor ruído que impide conciliar o sono ás xentes dos arredores, moitos deles maiores e enfermos.

A este problema súmase o dos numerosos atascos que se están a provocar na rede de sumidoiros, o que leva a ter que soportar uns cheiros constantes e a diario por parte dos residentes e viandantes.

Este Concello, debe asumir xa dunha vez, ese arranxo, correspóndalle a Fenosa ou a Aguagest, e logo saldar as contas con quen sexa responsable, e non agardar como sempre a que poida acontecer calquera desgraza e que logo teñamos que lamentala.

Dende o BNG, demandados de novo polos veciños/as, volvemos sumarnos o seu chamamento, denunciando esta situación e lembrándolle a este grupo Municipal do PP que está ocupando ese lugar de Goberno para resolverlles os problemas ós cidadáns e para facer as súas vidas máis levadeiras, e non o contrario como denota estar facendo a cotío.

Máis información…

Iniciativa municipal:
2008-12-18arranxo_no_outeiro.pdf

Nova na Galega:
Unha rúa de Ribeira leva 2 anos cunhas obras sen rematar

Nova no Canal Rías Baixas:
A fochanca da rúa do Outeiro segue sen arranxar dous anos despois

Unha reflexión sobre “A veciñanza reclama o arranxo da fochanca do Outeiro

  1. Lola

    E de vergonza que esa cova leve dous anos sen arranxar, e ainda teñen a “Santa Jeta” de dicir agora que lle deron un toque a fenosa e si non o arranxa nun tempo prudencial que o fara o Concello, e cando pensa facelo? Dous anos despois e ainda non lle parece un tempo prudencial?? Vergonza e o que tiñan que ter, seguro que si esa cova estivera diante da casa de Sieira non botaba asi mais de dous dias. E ainda hai quen os vote, de pecado!!

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *