PLAN SECTORIAL DE VIVENDA EN RIBEIRA

Teresa Táboas e Dominga Brión

A Conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, comprometeuse coa portavoz municipal do BNG de Ribeira, Dominga Brión, a que o seu departamento non levará a cabo a actuación que o Plan Sectorial de Vivenda ten prevista para Ribeira, sen o consentimento dos propietarios e propietarias do solo.

Este mesmo compromiso foi ratificado no día de onte polo Delegado Provincial da Consellería de Vivenda e Solo, Xoán Carlos Bascuas, en reunión mantida cos veciños e veciñas afectadas. A esta reunión, xestionada polo BNG a petición da veciñanza, acudiu tamén un técnico da Consellería que explicou polo miúdo as características do plan.

Os afectados manifestáronlle ao Delegado de Vivenda que non están en contra de que se faga vivenda protexida en Ribeira pero que non consideran acaida esa ubicación que, lembremos, foi proposta polo propio Goberno Municipal.

O BNG respecta e defende a posición da veciñanza e insta ao Goberno Municipal a que busque alternativas de solo, consensuadas cos propietarios e propietarias, mesmo con aportación de chan municipal, que permitan que non se perda no noso Concello un importante investimento (que neste caso ascendía a 12,6 millóns de €), para a dotación de vivenda a prezo taxado, coa conseguinte xeración de emprego e revitalización da economía local.

Nova no Canal Rías Baixas:
Vivenda busca o consenso para a construción de vivenda protexida en Ribeira

Nova no Diario de Arousa:
Táboas le aseguró al BNG que no se harán viviendas protegidos en el Caramecheiro

5 Comments on “PLAN SECTORIAL DE VIVENDA EN RIBEIRA”

  1. Si es así, muy bien por el BNG de Ribeira y por la conselleira. Que tomen ejemplo los de Pesca que no hicieron lo mismo e Laxebrava: ni puto caso a los vecinos.
    Lo de “instar al gobierno municipal” es un brindis al sol (acabareis borrachos y tampoco os hará puto caso) porque el “gobierno municipal” ya tiene su propio plan de vivienda… protegido y bien protegido.

  2. Como que fué el “gobierno municipal” el que dijo de hacer ahí las viviendas, no fué la consellería? Es cierto esto que decís? Podreis demostrarlo porque si es así, ¿como se come que el “gobierno municipal” recurra su propia propuesta? ¿Ya empezó el carnaval?

  3. pois tal como está a construsión, ca crisis que ven e co bonitos que son os cartiños, non sei como non lle interesa a esta xente. eu aquí vexo un cholliño, porque o final cando sea o que se vai faser aí son casas ou edifisios e tal como están as cousas en Riveira, ca de pisos que hai por vender… claro que a o mellor aquí está o miolo e ai aljén que non lle interesa…ajora ben, se os vesiños non queren non queren e a propiedá e sajrada. felis nabida.

  4. Ola a todos e todas, e graciñas pola vosa participación neste foro. Agardo que de todo isto polo menos se saque algúnha conclusión, polo menos que se vexa que hai maneiras e maneiras de facer as cousas, e que para o BNG o máis importante é o que dí a cidadanía. Por moi boa que sea a intención de calquera proxecto, se a xente non quer que se leve a cabo hai que respectalo.

    Elle, a Consellaría fixo unha primeira proposta noutro sitio, pero enviou a proposta ao Concello para que dera o seu parecer. O Goberno do PP decideu que o mellor sitio era unha ampla bolsa de terreo de 300.000 metros que vai dende as Carolinas ao acceso á Autovía. Así nolo manifestou aos representantes do resto dos partidos en Xunta de Voceiros/as de 7 de agosto do 2008. Dese solo a Consellaría colleu unha parcela de 100.000 metros. Ante a protesta da veciñanza o PP decide votarlle a culpa á Consellaría de Vivenda e presenta unha alegación.

    Tampouco é a primeira vez que o goberno do PP actúa desta maneira. Lembremos o caso da ubicación da EDAR: primeiro propoñen Pinisqueira en solitario e as agachadas e logo alegan, din que presentan alternativas pero a que quedaron de enviarlle ao Conselleiro de Medio Ambiente hai máis dun 1 ano aínda lla mandaron hai pouco máis dun mes. Mentras tanto todo o concello segue sen a depuración integral que necesita.

    Bo Nadal e unha aperta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *