Reclamamos un Plan de fomento do transporte público

O BNG de Ribeira ven de presentar unha iniciativa municipal pola que solicita a elaboración dun Plan para promover a utilización do transporte público

Tamén demandamos que se habilite unha partida no orzamento municipal para que este Plan conte, entre outras medidas, coa dotación necesaria para subvencionar os prezos dos billetes de transporte público para pensionistas e alumnado de ensinanzas postobrigatorias

O parque móbil de vehículos de turismo no concello de Ribeira é cada vez maior. Isto conleva problemáticas de distinto tipo como o aumento de contaminación acústica e ambiental. Asemade intensifícase o problema do tráfico pola falta de aparcamentos públicos gratuítos e o colapso que se produce sobre todo nas vías principais e no casco urbano do concello. Estes problemas veríanse minimizados ou incluso eliminados se a cidadanía incrementara a utilización dos medios de transporte público – autobuses – para desprazarse.

Sería necesario un Plan que fomentara o incremento da utilización deste tipo de transporte en detrimento dos vehículos de turismo propios. Este plan debería incluír, entre outras medidas, a reducción dos prezos dos billetes para captación de novos/as usuarios/as.

Os actuais prezos son excesivos especialmente para determinados colectivos como pensionistas –persoas xubiladas, con discapacidades,...-; e rapaces e rapazas que asisten ós IES do concello no ensino postobrigatorio –bacharelato e ciclos formativos de F.P.- que non teñen dereito ó transporte escolar.

Iniciativa Municipal:
2008-10-16-solicitude-transporte.pdf

2 Comments on “Reclamamos un Plan de fomento do transporte público”

  1. MOi ben pola iniciativa.
    Os prezos acho q son excesivos para calquera…eu vou cada día á Pobra, o q, dende Castiñeiras, supón coller dous autobuses.
    Bueno, en realidade colles un, pq non te baixas en Ribeira…segues traxecto dende alí no mesmo autobús, pero volvendo a apoquinar. Significa 2 euros e pico de ida, e outro tanto de volta…non é normal q o prezo do autobús sexa tal q, se non te paras a facer outras consideracións, compensa coller o coche.
    Por non falar da pouca frecuencia, e do curto abanico horario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *