Precisións sobre Laxe Brava

Plan Acuícola: reserva de chan do CorgoAo fío da información publicada no diario El País na edición de Galicia do xoves 2 de outubro sobre o proxecto de Plan de Acuicultura da Consellería de Pesca, en concreto en Corrubedo, e á posición do BNG de Ribeira, remitimos esta breve nota precisando algúns aspectos da súa información que consideramos inexactos:

“A declaración dos “Espazos Naturais de Interese Local” (incluídos na Lei Galega de Conservación dá Naturaza, de 2001) desenvólvense no decreto 124/2005 da Xunta de Galicia. O procedemento de declaración é, xa que logo, coñecido desde entón. No BNG de Ribeira consideramos a súa aplicación ao coñecer, desde logo oficiosamente, que a proposta de ampliación da Rede Natura excluía o espazo da contorna de Corrubedo, un dos máis fermosos do litoral galego como o demostran os seus mais de 300 000 visitantes anuais. Decidimos presentar a proposta logo de ter en man (abril de 2008) a resposta da Consellería de Pesca rexeitando as alegacións do BNG contra a inclusión de Laxe Brava no Plano Acuícola.

Aínda que a moción do BNG que propón a declaración de Espazo Natural de Interese Local para Laxe Brava debaterase no Pleno de outubro, ten rexistro de entrada no Concello de Ribeira de 18 de Xullo de 2008. Así pois, é unha iniciativa propia para aplicar unha figura de protección prevista na lei ante a desidia das Consellerías de Medio Ambiente e Pesca que coa súa actuación eluden a súa responsabilidade e trasladan ao Concello de Ribeira a última vía posible para protexer un patrimonio que é de toda a cidadanía.”

Nova no País:
Treta del BNG de Ribeira para detener el proyecto

Nova relacionada no País:
Medio Ambiente recorta la protección en Corrubedo para incluir una piscifactoría

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *