O BNG reclama dignidade no traballo diante do Pleno ribeirense

O BNG logrou que por unanimidade a Corporación Municipal de Ribeira rexeitase a proposta de modificación da Directiva sobre Tempo de Traballo, realizada o pasado 9 de xuño pola maioría cualificada de ministros e ministras de Traballo da Unión Europea

Na iniciativa tamén reclamamos que este acordo sexa trasladado á Presidencia do Goberno do Estado, á Presidencia do Parlamento Europeo e a todos os Grupos Parlamentares que conforman a Cámara Europea. Esta iniciativa foi debatida no Pleno ordinario celebrado o pasado 27 de setembro.

Máis información…

2 reflexións sobre “O BNG reclama dignidade no traballo diante do Pleno ribeirense

  1. marinela

    Estivo moi ben esa intervención. Tamén a da túa compañeira sobre edificacións e permisos – e fenomenal a apostilla do do psoe dicindo se en Ribeira existía unha figura nova chamada “permiso de obras verbal”, ou algo así -.
    Chamoume moito a atención o talante do “boss”. Falo do noso alcalde. É a primeira vez q vou a un pleno aquí, pero en Cangas, onde vivía antes, fun a unha chea deles. Alí, o alcalde de antes tamén era do pp…pero tan tan tan prepotente e maleducado non era, eh? Creo q o resto dos concelleiros deberíades darlle algún toquiño de cando en vez recordándolle q as discrepancias políticas non están reñidas co respecto.
    E tamén recordarlle q as cousas hai q votalas, non vale con q el diga q non…xa sabemos q ten a maioría, pero…hai q votar, amijiño, q os aqueles tempos acabáronse. Refírome a cando dixo q o día de santa Uxía non se cambiaba, pq el dicía q non e punto. Digo eu q terá q ser pq o diga unha maioría da corporación, non?
    Tamén me chamou a atención o feito de q se fiche a todas as persoas q entramos a escoitar. Nunca tal me pasara! Unha cousa é q che pidan a documentación, e outra moi distinta q fagan unha especie de base de datos cos cidadáns interesados en política.
    Bueno, para cando unha moción, recollida de firmas, ou acción de algún tipo, respecto aos nomes de fascistas q aínda campean polo noso pobo?

    Un saudo da ecoloxista q vos fixo de mosca cojonera na reunión sobre o Parque Sectorial con Daniel Pino do outro día!

    Responder
  2. Domi

    Ola Marinela. Antes de nada graciñas pola túa participación tanto aquí como na reunión do Parque Sectorial (de mosca cojonera nada de nada!). Con respecto tanto ao talante como á práctica política do Alcalde, dicir que se para algo valen os Plenos é para que a cidadanía vexa a verdadeira faciana de quen nos goberna. Se a xente participara máis activamente en política outro galo cantaría.
    Por outro lado, a iniciativa que propós é recorrente na práctica política do BNG de Ribeira. Todos os anos vai a Pleno, sen éxito, todo hai que dicilo. Podes ver neste blog na anotación do 2008/07/22 a última moción presentada a respecto da aplicación da lei da memoria histórica.
    Saúdos, benvida a Ribeira e a seguir participando!

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *