Acto público para informar sobre o Polígono da Barbanza

Ordenación do Polígono da Barbanza

(Clica na imaxe para ver a Ordenación do Polígono en PDF)

O Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Daniel Pino, estará o vindeiro xoves, día 25 de setembro, ás 20,30 horas, no Liceo Marítimo de Ribeira para informar sobre o Polígono Empresarial da Barbanza.

Como é sabido, a Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, ten sometido a información pública o Proxecto Sectorial e o correspondente Informe de Sustentabilidade Ambiental do Parque Empresarial do Barbanza, que se desenvolverá entre os concellos de Ribeira e a Pobra do Caramiñal.

O Parque Empresarial do Barbanza contará cunha superficie total de 1.008.928 metros cadrados entre os municipios de Ribeira e Pobra do Caramiñal, que comparten unha economía relacionada co sector pesqueiro e cunha actividade industrial concentrada na conserva. Da superficie total, 541.520 metros cadrados serán de uso empresarial e industrial, 311.824 metros cadrados para espazos libres, 124.198 metros cadrados para a rede viaria e 31.386 metros cadrados para equipamentos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *