Retraso na apertura da Piscina Municipal

O BNG de Ribeira presentou unha iniciativa municipal para interesarse polas obras da Piscina Municipal. A falla de previsión do Goberno do PP, ao non realizar as obras aproveitando a parada técnica do mes de agosto, ocasionaron un importante retraso na apertura da Piscina Municipal

Dende principios do mes de agosto a piscina municipal da Fieiteira está pechada ao público. Esta parada no servizo dunha das instalacións municipais máis utilizadas, ven sendo habitual todos os anos por cuestións técnicas e de mantemento durante o mes de agosto.

Mais este ano esta parada estaba prevista que se prolongase por mes e medio (estando anunciado nun cartel a súa apertura e reinicio de actividades para o luns 15 de setembro) debido a unhas obras de mellora que se ían acometer na instalación deportiva.

A estas alturas a instalación aínda non está aberta ao público debido a que estas obras de mellora na cuberta da piscina aínda non se iniciaron, e comezaranse ao longo destes días.

Está previsto que cando menos estas obras se prolonguen durante máis dunha semana e a esta temos que engadirlle o tempo que se precisa para encher o vaso de auga e outros pequenos arranxos previstos o que vai supoñer, cando menos, un retraso na apertuta da instalación de cando menos 2 semanas.

Iniciativa Municipal:
2008-09-15obras_piscina.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *