Defender e protexer COROSO

SOS Coroso

A Consellería de Política Territorial, a través do Ente Público Portos de Galiza presenta o “Plan Director de Infraestructuras Náutico- Deportivas”. Desde o pasado 7 de maio, está aberto o prazo para PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS. O Plan Director prevé dúas intervencións no Porto deportivo de Ribeira, unha delas, a 3.21 suporía, de levarse a cabo, un serio atentado tanto á riqueza natural como económica de Ribeira e polo tanto ao seu patrimonio público.

Como afectará:

- Eliminará o areal das Carolinas na práctica totalidade.

- Do mesmo xeito o actual paseo marítimo, que discorre a carón do mar, separarase definitivamente del debido ao recheo que esta actuación ten previsto.

- O dique de abrigo e o recheo que o Plan prevé sepultarán definitivamente un banco de ostra autóctona e afectará seriamente ao banco e praia de Coroso.

- Entregará a mans privadas o que hoxe é un importante patrimonio de todos e todas.

- Non responde ás necesidades de Ribeira no ámbito dos deportes náuticos.

O BNG convida á cidadanía a manifestar a súa oposición a esta actuación do Plan Director de Infraestructuras Náutico-Deportivas e a presentar alegacións que demostren a oposición de toda a cidadanía de Ribeira a entregar o seu patrimonio natural e a súa capacidade productiva a intereses alleos. O vindeiro mércores, día 16 de xullo, de 11 a 13 horas, estaremos diante do Concello para dar máis información.

Modelo de Alegación:
modelo_alegacion.pdf

One Comment on “Defender e protexer COROSO”

  1. Bueno,coma sempre o bng xa esta a defender eso dos bancos naturais,o paisasistico etc.
    Que importancia ten eso de que mais de 300 familias de ribeira vivan do marisqueo,cando os ricos non teñenonde gardar a sua lanchaou o rei non pode atracar o iate.
    Ademais a praia e de todos,como o porto deportivo actual,que a praia era de todos e agora o porto deportivo tamén,de todos os ricos ou queren aparentalo.
    Nin unha sola pedra mais na nosa costa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *