Recheo a carón da ponte do río Sanchanás, en Artes

O BNG interésase por un recheo que se está fancendo a carón do río Sanchanás, en Artes, e diríxese ao goberno do PP para saber se conta cos permisos correspondentes. De non ser así, preguntalle que medidas pensa adoptar para restablecer a legalidade vixente e evitar males maiores.

Na parroquia de Artes, a carón da ponte sobre o río Sanchanas, á dereita da estrada en dirección Corrubedo, estase a realizar unha obra de recheo nunha braña. Neste punto da estrada e pola súa parte inferior, discorre un regato que na actualidade está canalizado con catro tubos. Nin que dicir ten que esta canalización responde ós frecuentes anegamentos que sofre este lugar. Como consecuencia do recheo que se menciona, as tubaxes están sendo obstruídas, o que causa preocupación na cidadanía veciña dado que desta actuación se poderían derivar ulteriores anegamentos e polo tanto danos en fincas e vivendas lindeiras.

Iniciativa municipal:
pregunta-recheo-en-artes.pdf

2 Comments on “Recheo a carón da ponte do río Sanchanás, en Artes”

  1. Si no tiene permiso supongo que habrá una buena multa, y si lo tiene…¡¡¡alucino!!
    Pasé por allí y se ve claramente que no es un sitio donde se pueda construir. El relleno está justo al lado de un puente y además obstrulle un riachuelo. Construimos en lugares que se inundan y luego pasa lo que pasa.

  2. “Paso a diario por ahí e non podo dar creto ao que vexo. A broma que faciamos o primeiro día que vimos unha morea de terra alí ( “non o quererán rechear…” ) vaise tornando surrealmente real.
    Non é que sexa somentes “irregular” é que este recheo deixa constancia física do tamaño da estupidez , da pouca vergoña e delincuencia medio-ambiental dos patáns que nos gobernan.”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *