Solicitamos que se comprobe a urbanización do Touro

Urbanización do Touro Obra do Touro

O BNG ven de presentar unha iniciativa pola que lle reclama ao Goberno do PP que dea as ordes oportunas para que os servizos técnicos municipais comproben se a urbanización de 36 vivendas que se está a construír no Touro, se axusta á normativa vixente.

Na iniciativa tamén solicita que, de incumplirse, se proceda á súa paralización inmediata e a restitución da obra á legalidade vixente.

Do mesmo xeito tamén demanda que se autorice ao Grupo Municipal do BNG o acceso ao expediente desta obra.

Dende o BNG temos que seguir denunciando a nefasta xestión do Goberno do PP en materia de urbanismo así como a política de escurantismo que nesta materia quere impoñer, negándolle a este Grupo Municipal o acceso aos expedientes de obras dende o mes de xaneiro. No que vai de ano non se nos permitiu ver ningún expediente, mesmo téndoo solicitado por escrito nalgúns casos dende hai xa tres meses.

Entendemos que nun tema tan sensíbel para toda a cidadanía como é o urbanismo, debería existir absoluta transparencia. Resúltanos, polo tanto, incomprensíbel a actitude do goberno popular de agachar a información e dificultar a labor de fiscalización da oposición, incumprindo a normativa vixente. Cabe lembrar tamén que descoñecemos os temas que se trataron nas Xuntas de Goberno porque no que vai de ano tampouco se nos entregaron as actas, cando a normativa vixente indica que no prazo de 10 días deberíamos dispor desa información. A Xunta de Goberno (formada integramente por representantes do PP) é a que se encarga, entre outras cousas, da concesión das licencias municipais.

Nesta ocasión queremos que se comprobe, por parte dos servizos técnicos municipais, se a urbanización que se esta construíndo no lugar do Touro, a carón da estrada C7307 (de Ribeira a Aguiño por Castiñeiras), se axusta á licencia concedida polo Xunta de Goberno Local acorde co Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ribeira, especialmente no tocante a alturas, retranqueos, ocupación e edificabilidade. Trátase dunha edificación de 6 bloques, cun total de 36 vivendas, que se está a construir nunha finca en parte afectada por costas.

Iniciativa municipal:
2008-05-07urbanizaciontourocaselas.pdf

7 reflexións sobre “Solicitamos que se comprobe a urbanización do Touro

  1. Marcos

    Pues tecleando “Vivendas Caselas” en el google encontré información muy interesante. Por lo visto no sería la primera vez que esta promotora es sospechosa de ilegalidades. Lo que me llamó poderosamente la atención es que el alcalde del PP durante más de 30 años de Salceda de Caselas (exalcalde desde mayo del 2007) fuera accionista de la promotora. Van solo algunos ejemplos:

    El País:
    http://www.elpais.com/articulo/Galicia/promotora/alcalde/Salceda/Caselas/construye/obras/ilegales/elpepuespgal/20070330elpgal_2/Tes
    “Viviendas Caselas, SL, promotora de la que es accionista el alcalde de Salceda de Caselas, José Manuel Fernández Rodríguez, Chicho, realiza obras ilegales en el municipio por exceso de alturas, vuelos y aprovechamientos bajo cubierta, más una invasión directa de la vía pública sin respetar las alineaciones”
    http://www.elpais.com/articulo/Galicia/inmobiliaria/alcalde/Salceda/promovio/375/viviendas/decada/elpepuespgal/20070331elpgal_2/Tes
    “La inmobiliaria del alcalde de Salceda promovió 375 viviendas en una década”

    Xornal.com:
    http://www.xornal.com/article.php3?sid=20070409113429
    “... Por si fuera poco, la página web VigoEmpresa.com publica también un informe sobre la presunta corrupción en el PP de Pontevedra y culpa directamente a Louzán de esta situación. Entre otros puntos, esta web hace una relación de los alcaldes populares de esta provincia que tienen intereses inmobiliarios en los ayuntamientos que dirigen, y cita a José Manuel Fernández Rodríguez, más conocido como “Chicho”, alcalde de Salceda de Caselas y dueño de la empresa Viviendas de Caselas. S.L, que prácticamente monopoliza la construcción en esa localidad…”

    Vieiros:
    http://www.vieiros.com/nova/57531/o-alcalde-de-salceda-continuara-coas-suas-actividades-inmobiliarias
    “O alcalde de Salceda continuará coas súas actividades inmobiliarias.
    A promotora da que é accionista puido verse beneficiada por este na concesión de licenzas municipais”

    Responder
  2. Xosé

    Os comentarios publicados nestes diarios (hai quen dí “Blogs”) polo normal están todos contaminados. Só teño que dicir que este Sr. Marcos adícase únicamente a envenenar todo o que pode por onde pode. Que diga cousas razoables e con sentidiño. Anda por todos los lados falando mal de todo aquel que non é seu amigo ou primo.
    Xa está ben, Marcos. Cando escribas infórmate un pouquiño e non te limites a buscar no Google, que parece que non sabes ler outra cousa.
    ¡Nin que fose a Biblia o tal Google! ¡Hai que ter un pouquiño máis de criterio!
    Un saúdo a todos os lectores

    Responder
  3. Marcos

    Xosé, creo que eres tú el que pretende contaminar desacreditando mi comentario. Yo solo me he limitado a manifestar mi sorpresa de que el propio exalcalde de Salceda de Caselas, tambien del PP (que casualidad!) fuera socio de Viviendas Caselas, S.L. que es la promotora que esta edificando esta urbanización como se pude ver en el cartel que hai en la obra.

    Por lo demás, creo que me debes confundir con otro, porque yo no he hablado mal de nadie, solo hice referencia a algunos de los muchos artículos o noticias de reputados diarios digitales que sobre el tema se puden encontrar en la red y que seguramente tu mismo conoces, no? De momento no quiero pensar que por ser del PP unos y los otros hubiera ningun tipo de compadreo. O acaso sí? Si todo es correcto, por qué te picas?
    Saludos

    Responder
  4. Jaime

    Ola Xosé..pero como eres capaz de escribir e pensar que está contaminado o que algén expón neste “diario” e recolleito dunhas fontes de información que todos sabemos que moito de verdade deben de ter ??

    Como podes pensar que este sr. Marcos, o cal non teño o gusto de coñecer, se adica a envenenar algo ?? Pois eu, do que dixo, creo que non minteu nada, mais ven “vendeuno” po-lo que o comprou e sin ganar nada.

    Non e falar mal o plasmar unha información ou mesmo unha opinión, ou si ??

    Eu non son xente de polémica, mais ben intento pasar desapercibido, pero ante este comentario teu no seria capaz de durmir se non che deixo a miña opinión, e sempre sen animo de ofenderche, direiche que para min o que non está informado eres tí, e mesmo penso que eres o que esta intentando envenenar algo, ainda que contra ese veneno sobra donde tomar antídotos, e o que son criterios…a verdade e que non fun capaz de encontrar ningun no teu comentario.
    Saúdos.

    Responder
  5. Elle

    Lo del Touro és de verguenza! Sinceramente creo que os quedais cortos en la denuncia. Es muy fácil denunciar en la prensa local pero a sabiendas de que así no se consigue nada. En este pueblo hay dos problemas: un gobierno que hace anos que campa por sus fueros y una oposición que se manifiesta incapaz de impedirselo. De seguir así tendremos PP por muchos años. ¿Es que no hay PSOE en Ribeira?: ni abrieron la boca!! ¿Y los de rosa?: por cada protesta mil silencios!! Con las notas de prensa no se consigue despertar a este pueblo, de verdad no se os ocurre nada más? ¡Pena!

    Responder
  6. Tourada

    Mágoa, si! Mágoa que vivamos nun pobo que vota polo PP e despois lle pide explicacións á oposición. Mágoa que non saibamos que o que está pasando co urbanismo no noso pobo, competencia municipal por excelencia, o deciden os especuladores coa connivencia dos do PP que gobernan gracias aos nosos votos. Mágoa que o deixemos todo en máns dos políticos e non digamos palabra, sobre todo se é para criticar ao PP. Magoa que teñamos o goberno que temos, que por desgracia, non sei se é o que merecemos, pero dende logo é o que entre todos puxemos… unha mágoa!

    Responder
  7. Pingback: Denunciamos en Urbanismo a construción do Touro | BNG de Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *