Nova vertedura no peirao de Ribeira

Vertedura no porto de RibeiraVertedura no porto de Ribeira

O BNG de Ribeira ven de solicitarlle ao Goberno do PP que informe á Corporación Municipal das actuacións levadas a cabo para atopar a orixe das reiteradas verteduras na dársena portuaria procedentes do saneamento público de Ribeira e das medidas tomadas para erradicalas.

O pasado fin de semana produciuse un novo verquido no peirao de Ribeira, ao parecer, procedente do saneamento público. Como é sabido, son varios os puntos polos que reiteradamente a rede de saneamento público, sen ningún tipo de depuración previa, verte directamente ao porto, contaminando as súas augas. Neste caso, a vertedura ocasionouse na zona de atraque das embarcacións menores.

Unha vez máis dende o BNG queremos poñer de manifesto a nosa fonda preocupación pola continua repetición de verquidos incontrolados e contaminantes en distintos puntos do Concello e, nomeadamente, na dársena portuaria ocasionados por un deficiente saneamento. Verquidos que provocan serios danos sanitarios e ambientais, pero tamén económicos e de imaxe para os nosos sectores productivos.

O saneamento integral do Concello de Ribeira é unha tarefa que compre abordar urxentemente por ser materia pendente dende hai anos. Máis de 20 anos despois de goberno do PP con maioría absoluta, aínda hai diversos puntos do propio casco urbano onde as canalizacións son deficientes e non existe separación entre pluviais e fecais.

Iniciativa municipal:
2008-05-06-verquidospeirao.pdf

One Comment on “Nova vertedura no peirao de Ribeira”

  1. Ainda por enrriba da suba infinita dos carburantes levando consigo unha crisis no sector mariñeiro non só de Ribeira se non de todo o pais, os mariñeiros de Ribeira teñen que mercar cabos novos para amarrar as suas embarcacións. E non falemos xa da limpieza e pintado destas mesmas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *