Axudas de Cultura ao deporte galego

No ano 2008 a Dirección Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego, da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, investirán máis de 17 millóns de euros no Deporte Galego, o cal supón un 18,4% de incremento con respecto ao ano 2007.

Este aumento nas axudas ao Deporte vén amosar a forte aposta da Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral para o Deporte, polos deportistas galegos, dando continuidade ao establecido ao comezo da lexislatura: o apoio ao deporte feminino, deporte base, deporte en igualdade, e deporte na escola.

Por todo iso, ademais das ordes habituais, este ano estreáronse cinco novas: “Premios Pequín e Axudas Camiño Pequín”; “Seleccións galegas no exterior”; “Clubs femininos con deportistas nadas nos anos 91 e 92”; “Actividades de concellos con menos de 10.000 habitantes” e de patrocinio aos clubs e entidades representados na máxima categoría da súa modalidade deportiva (esta última a través da Fundación Deporte Galego).

Máis información…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *