Reclamamos solucións aos verquidos contaminantes

O BNG, por medio de Bieito Lobeira e Ana Belén Pontón, ten reclamado no Parlamento Galego que se lle poña couto ao elevado número de verteduras contaminantes mar-terra que se producen no concello de Ribeira, así como, a adopción de medidas para evitalas.

A Consellería de Pesca resposta que é moi difícil “localizar a procedencia das verteduras”

Dados oficiais do Centro Zonal de Coordinación de Salvamento (CZCS) de Fisterra e SASEMAR, no período comprendido entre os anos 2003 e 2006 (inclusive), sinalan a Ribeira e ao seu porto como o lugar de todo o litoral galego máis afectado por verteduras contaminantes mar-terra, con 44 episodios de contaminación mariña.

Pese a que o BNG neste caso estase a referir ás verteduras mar-terra, as de terra-mar xa as ten denunciado en multitude de ocasións, Pesca resposta con evasivas:

“Despois de poñerse en marcha a “Comisión de Seguimento de Vertidos do Concello de Ribeira”, na que se integran Portos de Galicia, Augas de Galicia, SEPRONA, empresa concesionaria do Servizo Municipal de Augas, e o propio Concello de Ribeira, detectouse que algunhas das verteduras producidas (especialmente as augas fecais) proviñan dos reboses dos pozos de bombeo na rede de sumidoiros.”

Cos respecto ao tema do que realmente se denuncia, os 44 episodios de contaminación mariña, Pesca considera que é moi difícil “localizar a procedencia das verteduras de carácter oleoso (gasoil puro ou restos das sentinas) que se producen na dársena e na bocana do porto e que logo poden derivar cara á Praia de Coroso.” Para terminar recoñecendo que “foron moi poucos os casos nos que se puideron localizar as embarcacións infractoras e iniciarlle o correspondente expediente sancionador.”

Agardamos que estas denuncias sirvan para ter un maior control e que estes delitos ecolóxicos, que agreden a importante riqueza pesqueira e marisqueira da nosa costa, non queden impunes.

Iniciativa parlamentar:
2007-07-18poc_vertederas_contaminantes.pdf

Resposta iniciativa parlamentar:
respostavertedurasmarterraribeira.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *