Industria aposta pola renovación do comercio

As axudas habilitadas pola Consellaría irán destinadas a fomentar o relevo rexeneracional, favorecendo a dispoñibilidade de novos locais comerciais

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2008.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases reguladoras para a concesión das subvencións para fomentar o relevo xeracional dos empresarios individuais próximos a acadar a idade de xubilación na actividade comercial, favorecendo á rexeneración do tecido empresarial coa dispoñibilidade no mercado de novos locais comerciais. Para estas actividades de rexeneración do tecido comercial galego, a Consellaría de Innovación e Industria achegará un presuposto de 900.000 euros para este ano.

Máis información…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *