Simboloxía galega, elemento “sospeitoso”

Bieito Lobeira cualifica de intolerábel do punto de vista democrático que se poda controlar e perseguir polo uso de simboloxía propia do País

Santiago de Compostela, 26 Marzo 08.- O grupo parlamentar do BNG, a través do seu deputado Bieito Lobeira, ven de denunciar a existencia de documentos internos da Garda Civil que inclúen simboloxía galega como elemento “sospeitoso” a controlar e perseguir.

Bieito Lobeira rexistrou unha iniciativa parlamentar na que se fai eco de que en actos formativos desta institución, dirixidos aos seus efectivos en Galiza, se inclúen como “símbolos sospeitosos” autocolantes coas iniciais GZ para veículos, bandeiras galegas coa estrela vermella ou o escudo deseñado por Castelao coa lenda “Denantes mortos que escravos”, así como un bo número de colectivos e entidades de carácter feminista, ecoloxista, cultural ou estudiantil.

Para o parlamentar nacionalista, é “intolerábel”, do punto de vista democrático, que forzas e corpos de seguridade do Estado, nos seus programas de formación, criminalicen elementos propios do País, asumidos, ademais, por unha parte moi importante da sociedade galega.

Máis información…

Unha reflexión sobre “Simboloxía galega, elemento “sospeitoso”

  1. Anxo Penedo

    Non so é intolerabel se non q é unha vergoña q a xente q suponse danos protección nas rúas persigan galeguistas coma se foran criminais e defendan logo ós mais chourizos xD vaia tolemia!

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *