O BNG reclama que os mariñeiros poidan votar

Bieito en Ribeira

O deputado nacionalista urxe a reforma da lexislación para permitir que voten os mariñeiros galegos e advirte de que é unha cuestión “de vontade política”

Santiago de Compostela, 14 marzo 08.- O deputado do BNG Bieito Lobeira formulou esta mañá no Parlamento unha pergunta oral na Comisión Primeira sobre a necesidade de reformar a normativa e posibilitar asi que voten os mariñeiros galegos que se atopen faenando lonxe de portos durante o período eleitoral.

O portavoz en materia de Pesca lembrou que nestes comicios do 9 de marzo houbo entre 10 e 15.000 mariñeiros que non puideron exercer o seu dereito a voto o que, na súa opinión, “contrasta coa flexibilidade coa que poden votar outros, como un colectivo especialmente activo e comprometido, o dos votos da emigración”.

O deputado nacionalista ironizou co reconto dos votos do CERA e aconsellou a PP e PSOE que “organicen actos nos camposantos, xa que ali teñen un importante nicho eleitoral”, ao tempo que apuntou que fai esta recomendación ás forzas estatais porque “esta non é a guerra do BNG”.

Lobeira quixo confrontar esta situación coa de milleiros de galegos, “cidadáns que si naceron aqui, que coñecen a realidade do país e non poden votar porque a legalidade non contempla a súa situación”.

Máis información…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *