Defenderemos no Estado os nosos sectores productivos

Mitin Lonxa de Ribeira

A defensa dos nosos sectores productivos, nomeadamente do complexo mar-industria, será unha das actuacións do BNG en Madrid. Canto máis representación teñamos, máis forza e máis posibilidades teremos de condicionar o goberno do Estado en beneficio deste sector estratéxico para a nosa economía, aínda que irrelevante no Estado. Que conte ou non dependerá do peso que este País teña en Madrid.

Entre outras medidas de apoio, consideramos importantes para a Barbanza a adopción de convenios Xunta-Goberno Central para a modernización da flota artesanal e de baixura e a potenciación do marisqueo. Tamén reclamaremos a adopción de medidas para paliar o incremento dos combustibles pesqueiros.

É preciso lexislar para que as singularidades desta profesión sexan atendidas: que aos traballadores e traballadoras deste sector se lle recoñezan as súas enfermidades profesionais e coeficientes reductores para unha xubilación digna; ou que as mariscadoras, bateeiras, redeiras, percebeiras ou traballadoras da conserva poidan ter os permisos por maternidade necesarios para non poñer en perigo o seu embarazo, ou pedir unha excedencia para coidar os seus fillos e fillas, sen perder o Permex, no caso de mariscadoras e percebeiras.

Para os mariñeiros embarcados na flota de altura, reclamaremos a adopción de medias para que poidan votar, así como a rebaixa das tarifas telefónicas, entre outras.

Nova na Voz:
Brión defendeu o recoñecemento á singularidade do traballo no mar durante un acto en Palmeira

Nova relacionada na Voz:
O BNG é a única forza nacionalista que sobe e resiste a polarización do voto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *