Logramos a conservación das rúas históricas de Carreira

carreira.jpg

O BNG logrou que o alcalde accedera á conservación das pedras das rúas históricas de Carreira

A concelleira do BNG Ánxeles González Cruxeiras, presentou unha iniciativa para esixir ao goberno municipal que conserve as lousas de pedra nas rúas do casco vello de Carreira.

Unha vez comezadas as obras para a recuperación da rúa que vai a Parte ó Río dende o cruzamento da Muiñeira, a capa de cemento levantada sacou á luz os antigos perpiaños de granito, moi ben conservados.

A concelleira pediu que non se cubran con chapado de pedra para así recuperar a beleza rueira que un día nos foi roubada e pediu a modificación do proxecto do goberno do Partido Popular.

Iniciativa Municipal:
2008-01-22recuperacion_casco_historico_carreira.pdf

One Comment on “Logramos a conservación das rúas históricas de Carreira”

  1. !!Formidable ¡¡, ou acaso quedaría mais bonito con pedras novas??, coido que non; agora que estan no rego, deberian seguir co as casas de pedra, cos lavadoiros, cos muros, cos tellados, etc…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *