Demandamos o saneamento en varios lugares de Artes

O BNG solicita do Goberno Municipal a dotación de sumidoiros aos lugares de Viñas e Teixoeira en Artes. Tamén se pide que se realicen as obras necesarias para permitir a conexión á rede de sumidoiros a todas as vivendas de Goda e Perdigoteira.

Lembremos que cando se realizou a obra de saneamento de Goda a os Muíños, precisamente en virtude dun acordo entre a Comunidade Veciñal de Artes e o Concello, moitas das vivendas destes lugares quedaron fora deste servizo de xeito non só inxusto e discriminatorio senón tamén rácano e peseteiro: incluír estas vivendas no saneamento só era cuestión de poñer algo máis de diñeiro.

Varios anos despois de realizar a obra e de repetidas promesas electoralistas, moitos veciños e veciñas de Viñas, Teixoeira, Perdigoteira e Goda seguen carecendo deste servizo fundamental hoxe en día.

No BNG pensamos que non hai a día de hoxe ningún tipo de impedimento para realizar as obras precisas que rematen con esta inxusta situación destes veciños e veciñas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *