Solicitamos que se comprobe unha urbanización da Mámoa

Urbanización da Mámoa

O BNG reclámalle ao Goberno do PP que comprobe retranqueos, alturas, ocupación e edificabilidade dunha edificación de vivendas que se está a construír na Mámoa

Tamén denunciamos o escurantismo que o PP quere impoñer en materia de urbanismo e reclamamos que se nos autorice a ver o expediente desa obra

O Grupo Municipal do BNG ven de solicitar que o Goberno do PP dea as ordes oportunas ao obxecto de comprobar que a edificación de vivendas que se están a construír na Mámoa se axusta á licencia concedida polo Grupo de Goberno acorde co Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ribeira, especialmente no tocante a retranqueos, alturas, ocupación e edificabilidade.

En reiteradas ocasións temos denunciado a nefasta xestión do Goberno Municipal en materia de urbanismo. Agora temos que denunciar tamén a política de escurantismo que nesta materia quere impoñer o PP, negándolle a este Grupo Municipal o acceso aos expedientes de obras que tivemos durante todos estes anos.

Ribeira conta cun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que, pese ás súas deficiencias, e as reiteradas demandas do BNG, segue sen adaptar á Lei do Solo tendo xa rematado o prazo establecido para facelo en xaneiro do 2006. Pero, ademais, o PXOM, nunca será un instrumento eficaz por si só se o equipo de goberno non pon en práctica as necesarias medidas de control que verifiquen, por exemplo, que as obras realizadas se axusten ás licencias outorgadas. De non ser así produciranse graves incumprimentos e agravios comparativos. Son múltiples as queixas da cidadanía de Ribeira neste sentido.

Este parece ser o caso da obra de que se está levando a cabo na Mámoa. e da que o BNG ten recibido queixas da veciñanza no senso de denunciar especialmente retranqueos, pois aparenta non gardar as distancias debidas tanto a Rúa 9 de Agosto, coa a estrada que vai para Cubelo, como se pode apreciar na fotografía.

Iniciativa Municipal:
2008-02-08-urbanizacionmamoa.pdf

Nova no Canal Rias Baixas:
O BNG pide ó goberno que comprobe a legalidade dunha obra na Mámoa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *