Reunión cos grupos musicais de Ribeira

Reunión cos grupos musicais

Este xoves, día 31 de xaneiro, reuniuse, na sede do BNG de Ribeira, Rubén Cela, Director Xeral de Xuventude con representates dos grupos musicais de Ribeira. Nesta xuntanza tamén estiveron presentes a portavoz municipal, Dominga Brión, e os concelleiros/as Ana Álvarez, Xosé Luís Groveiro e Luís Teira.

O motivo desta xuntanza foi expoñer o proxecto da Rede de Locais de “Nsaio” que se está desenvolvendo en todo o país, aos nosos músicos. O Director Xeral falou deste novidoso proxecto que pretende chegar a todas as localidades de máis de 20.000 habitantes de todo Galiza e pola cal se crean uns espazos acaídos para que os grupos musicais poidan ensaiar en óptimas condicións de insonorización e acústica así como gravar as súas maquetas. O propio Rubén Cela tamén explicou que son moitos os concellos de Galiza que se queren sumar a este proxecto, onde a Dirección Xeral de Xuventude, finanza o 100% da adecuación do local, dos equipamentos e dos instrumentos musicais. Indicou tamén que os locais que pertencen a “Nsaio” van ter unha financiación anual para facer melloras nestes locais.

Os músicos ribeirenses escoitaron entusiasmados as propostas desta rede que ademais de proporcionar unhas instalacións para poder ensaiar en condicións dignas tamén facilitaría a difusión e promoción dos grupos que ensaiasen nestes locais.

En Ribeira hai máis de 20 agrupacións de todos os estilos musicais, o que é un claro indicador da efervescencia creativa que hai na nosa cidade. Dende o BNG de Ribeira xa levamos a pleno unha moción na que solicitábamos que o noso concello entrase dentro da rede “Nsaio”, máis de xeito absurdo o Partido Popular votou en contra. Deste xeito impiden, non só unha inversión no noso concello que podería chegar aos 120.000 euros, senón tamén bloqueando as posibilidades de difusión e expansión dos nosos grupos locais.

O BNG non quere que Ribeira quede sen locais de ensaio, e polo tanto esperará un tempo prudencial a ver se o goberno local fai as xestións oportunas para termos un local destas características. Se esto non se realiza, sería a propia Dirección Xeral de Xuventude quen acometería estes locais de ensaio en espazos propios de Vicepresidencia.

Finalmente Indicar que Rubén Cela, comprometeu apoio económico da Dirección Xeral de Xuventude á Festa da Chuvia e á Festa da Dorna, xa que son estas festas nas que se promociona e difunde a música galega e se implica á mocidade de xeito especial.

Nova no Diario de Arousa:
Rubén Cela presentó a los músicos de Riveira la red de locales de ensayo

2 Comments on “Reunión cos grupos musicais de Ribeira”

  1. Me parece penoso que no os pongais de acuerdo. Somos más de los que decís haciendo música en Ribeira. No es solo un servicio para los que hacemos música hoy, tambien para animar a muchos otros a hacerla: es un serviciopara los jóvenes. No tenemos por que ser “profesionales”. Tendríais que hacer un esfuerzo de colaboración con el Concello y traer a Ribeira ese local de enasayo. Sin partidismos.

  2. Neo dicirche que son os do BNG os que queren que veñan para Ribeira eses locais de ensaio. O esforzo da xente do BNG está aí, o problema é que hai un goberno do PP que se nega a que veñan cousas tan importantes como estas para o noso concello.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *