Iniciativas do BNG ao Pleno ordinario de Xaneiro

Pleno de xaneiro 08

O vindeiro luns, día 28 de xaneiro, a partir das 20:00 horas, celebrarase o Pleno ordinario da Corporación Municipal. Na mesma debateranse un importante número de iniciativas presentadas polo BNG: 6 mocións e un bo número de solicitudes, as que hai que engadirlle as pendentes de Plenos anteriores que non se trataron por falta de tempo. Cabe indicar que, por unha cuestión organizativa, está limitado o número de mocións a presentar por cada grupo municipal. En concreto ao BNG correspóndenos un máximo de 6. Lembramos que os plenos son públicos e poden asistir todas aquelas persoas que o desexen.

Pulsa enriba da iniciativa para obter máis información sobre a mesma.

As mocións son en relación cos seguintes temas:
1.-
Animais domésticos e canceira municipal.
2.- Demandamos o soterramento do cableado
3.- Reclamamos que se replantee o proxecto da Casa da xuventude
4.- Dotación dun salón de actos á Casa de Cultura de Carreira.
5.- Situación dos parques infantís.
6.- Cobertura TDT no noso Concello.

Ás solicitudes son as seguintes:
1.- Demandamos a separación de pluviais e fecais en Aguiño
2.- Denunciamos o perigo dun muro agretado
3.- Demandamos unha actuación integral en Fondevila
4.- Aforro enerxético no alumeado de Nadal
5.- Reclamamos o arranxo dun valado de obra
6.- Demandamos o arranxo de deficiencias en Abesadas e Cubeliños
7.- Solicitamos a paralización das obras na Lagüiña
8.- Reclamamos que se comprobe unha urbanización de Mondelo

Solicitudes pendentes de Plenos anteriores:

1.- Instalación de contedores de lixo e limpeza dos mesmos.
2.- Implantación do Noitebús polas parroquias e Ribeira-Padrón e Ribeira-Noia.
3.- Control da velocidade en O Vilar.
4.- Transporte público a O Vilar por Gude (Artes).
5.- Estado da motobomba contraincendios municipal.
6.- Mellora da limpeza no barrio de Bandourrío e arranxo da rúa Perú.
7.- Limpeza da estrada de Castiñeiras a Aguiño e do entorno dos Areeiros.
8.- Posta en funcionamento do novo vaso da piscina municipal e do campo de fútbol de herba artificial.
9.- Accidentes no Parque de inchables “Riveiralandia”.
10.-Saneamento e actuación integral no lugar da Graña.
11.-Estado da rede de pluviais e as beirarrúas no lugar do Vilar.
12.-Verquido na Ría da Arousa a carón da depuradora do Touro.
13.- Marquesiña na Capela, Carreira.
14.- Actuación integral en Toxeira de Antromatos e Barrosas, Carreira.
15.- Intento de usurpación dun camiño público nos Paramos.
16.- Retirada de refugallos do Esteirón, Palmeira, e mellora integral da zona.

Eleccións Xerais 08

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *