Demandamos que se replantee o proxecto da Casa da xuventude

O BNG de Ribeira, por medio do concelleiro Luís Teira, reclama que o Goberno Municipal replantee o proxecto en execución da Casa da Xuventude para que esta edificación poida ter as instalacións e servizos que a mocidade de Ribeira demanda e precisa e ter así unha Casa da Xuventude que mocidade sinta útil e propia.

Tamén solicita que o Concello de Ribeira xestione ante os organismos oportunos o remate das obras da Casa da Xuventude, logo de ter feito os cambios no proxecto.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2006, están censados case 5.500 persoas de entre os 14 e os 30 anos no noso concello, polo á mocidade é un amplo sector da nosa poboación. Asemade son moitos os grupos xuveniles, asociacións e colectivos ribeirenses que demandan: máis e mellores instalacións para poder desenvolver as súas actividades así como a programación e difusión de máis actividades en instalacións acaídas.

A posta en marcha da Casa da Xuventude é unha instalación que a cidadanía leva demandando moito tempo e xa o noso grupo municipal o leva traendo este tema a Pleno dende hai varias lexislaturas de xeito reiterado.

Para facer unha instalación como unha Casa da Xuventude en Ribeira, precisaríase oír a opinión dos destinatarios/as da mesma, facer reunións con asociacións e grupos que traballan cos colectivos de xóvenes para oír as súas demandas.

É ben sabido que no barrio de Abesadas se iniciou a construcción dunha instalación que leva o nome de “Casa de Xuventude”, obra que a día de hoxe leva meses paralizada. Logo dunha análese do proxecto en construcción, constátase que esta edificiación vai ser máis un “albergue” que unha “Casa da Xuventude” en sentido estricto, xa que unha gran parte de superficie útil de todo o edificio, tal como indica o propio proxecto: dormitorios, cociña, comedor, despensa, sala de estar, lavandería, tendedeiro, etc. Instalacións estas que entendemos non son unha prioridade do noso concello para atender á cidadanía, nomeadamente, á mocidade de Ribeira que é quen nos debemos.

Dende o BNG si temos feito reunións onde se nos teñen transmitido a necesidade de ubicar nesta instalación entre outros servizos: espazo para a Oficina de Información Xuvenil, espazo para un centro de asesoramento afectivo sexual Quérote, espazos para locais de ensaios e de pequenas actuacións, un espazo amplo para reunións grandes, aulas obradoiro, pequenos espazos para ceder a asociacións con acceso exterior independente, aula de informática, etc. Todo cun horario amplo de apertura e autoxestionada o máximo posible polos seus usarios e usuarias.

Iniciativa Municipal:
2008-1-18casaxuventude.pdf

Nova na Voz:
Os nacionalistas propoñen ao executivo que se reformule a obra da casa da mocidade ribeirense

2 reflexións sobre “Demandamos que se replantee o proxecto da Casa da xuventude

  1. Pingback: O Pleno de marzo celebrarase o 7 de abril | BNG de Ribeira

  2. Pingback: Pleno ordinario de abril | BNG de Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *