Industria solicita o mantemento da tarifa nocturna

Fernando Blanco con Dominga Brión

O conselleiro nacionalista Fernando Blanco dirixiu un escrito ao ministro de Industria, Joan Clos, no que considera necesario reconsiderar o cambio tarifario que en Galiza afecta a uns 160.000 fogares

Santiago, 22 de xaneiro de 2008.- A Consellaría de Innovación e Industria vén de solicitar ao Ministerio de Industria, Turismo y Comercio o mantemento da tarifa 2.0 con discriminación nocturna, nos termos nos que se estivo aplicando até este momento coas lóxicas actualizacións periódicas no seu importe. Para o departamento autonómico, nun contexto de desaparición das tarifas eléctricas, poderíase perpetuar un sistema similar a este no marco das tarifas de último recurso (aqueles prezos máximos fixados polo Estado que poderán cobrar os comercializadores que asuman o subministro en baixa tensión, en determinados casos, despois da desaparición das tarifas eléctricas)...

Máis información…

One Comment on “Industria solicita o mantemento da tarifa nocturna”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *