Vivenda reúnese coas familias beneficiarias das vivendas de Xarás

O delegado de Vivenda reúnese cos beneficiari@s das vivendas de Xarás

O delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo, Xoan Carlos Bascuas, reuníuse coas familias beneficiarias das vivendas de promoción pública de Xarás para informarlle personalmente dos trámites a realizar para percibir a subvención de 2.000 € concedidos pola Consellaría.

Todas as familias se acolleron a esta axuda de Vivenda, incluidos os que residen en caravanas, porque así o solicitaron expresamente. No encontro, celebrado na casa do mar, Bascuas confirmou aos asistentes que se efectuará un só pago de dous mil euros por familia, que percibirán entre finais do vindeiro mes de febreiro e principios de marzo, a máis tardar.

Deste xeito a Consellería de Vivenda e Solo tenta paliar os perxuizos que o retraso na construción destas vivendas lle estar a ocasionar ás persoas beneficiarias das mesmas. Este retraso é debido a o incumprimento da empresa adxudicataria do prazo establecido para a execución da obra, que era de 18 meses a contar desde a sinatura da acta de replanteo. A sinatura de dita acta produciuse o 22 de marzo de 2005 polo que o prazo de execución rematou o 22 de setembro de 2006, sen embargo no momento de rescisión do contrato tan só estaba executada o 13,85% da obra.

A pesar deste reiterado incumprimento da empresa adxudicataria, que levou á Consellaría a rescindirlle o contrato, hai que decir que o Goberno do PP de Ribeira lle ten adxudicado numerosas obras á mesma, entre elas, a remodelación da Praza do Concello.

Nota de prensa da Consellaría:
2008-01-19-reunionbenefxaras.pdf

Máis información:
Vivenda licita a finalización das obras de Xaras

Nova na Voz:
Os beneficiarios dos pisos de Xarás cobrarán o próximo mes

Convención Nacional

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *