O BNG aproba o programa e as candidaturas das xerais 08

Quintana cos candidatos e candidatas ás Xerais 08

O Consello Nacional aproba por amplísima maioría o programa e as candidaturas para as xerais 08. A candidata da comarca e Voceira Municipal de Ribeira, Dominga Brión, ocupa o cuarto lugar da lista pola circunscrición de Coruña.

“Que o BNG sexa decisivo en Madrid é a única garantía de que o Novo Estatuto que no seu momento se aprobe en Galiza será logo respectado no Parlamento do Estado”, afirma Anxo Quíntana

Santiago de Compostela, 19 Xaneiro 08. O Consello Nacional do BNG aprobou esta mañá por amplísima maioría e sen nengún voto en contra o programa e as candidaturas coas que a formación frentista vai concorrer ás eleccións xerais 08.

Na súa comparecencia perante os xornalistas para dar conta dos acordos adoptados polo Consello Nacional, o portavoz nacional do BNG, Anxo Quíntana, cualificou as candidaturas nacionalistas como “as mellores para Galiza” por estaren compostas “por galegos e galegas que exercen sempre como tais”.

Quintana, quen estivo acompañado na súa presenza informativa polos catro cabezas de lista do BNG –Francisco Jorquera, por A Coruña; Paz Abraira, por Lugo; Iago Tabarés, por Ourense; Olaia Fernández Davila, por Pontevedra- asegurou que a formación nacionalista apresenta un programa eleitoral para “que Galiza decida en Madrid e através desa decisión os galegos e as galegas vexan incrementado o seu benestar”.

Máis información [...]

Eleccións Xerais 08

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *