Milleiros de persoas despediron ás victimas do “Cordero”

Milleiros de persoas quixeron render un sentido adeus ás víctimas do “Cordero” na Lonxa Municipal, que se quedou pequena para acoller a tanta xente, mentres Ribeira se paralizou en sinal de loito.

Alí estivo unha ampla representación do BNG, encabezada polo Portavoz Nacional e Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana e o Coordinador da Executiva Nacional, Senador e cabeza de lista pola Coruña, Francisco Jorquera, para amosarlle a súa solidariedade á familia, e sumarse á multitudinaria despedida que miles de persoas lle dispensaron.

O Grupo Municipal encabezado pola súa portavoz, Dominga Brión, a deputada Ana Pontón e o deputado Bieito Lobeira, xunto coa deputada provincial Rosana Pérez, así como o alcalde de Boiro, Xosé Deira, e o tenente de alcalde de Noia, Bieito González, tamén se sumaron ao emotivo adeus.

A improvisada capela serviu para que o arcebispo de Santiago, que oficiou a misa, reclamara que as autoridades estatais e internacionais tomen medidas que eviten “tantos riscos” coma os que ten que afrontar a xente do mar. Facemos nosa esa petición reclamando expresamente, dende o BNG de Ribeira, a mellora no funcionamento dos servizos de salvamento, dependente do goberno do Estado español, para que nunca máis un accidente se transforme nunha traxedia como esta, que levou por diante a vida de cinco persoas.

Nova na Galega:
Multitudinario adeus ás vítimas do “Cordero”

Nova na Voz:
Preto de tres mil persoas despiden aos náufragos do buque «Cordeiro»

Nova no País:
4.000 personas abarrotan la lonja en el adiós a los náufragos del ‘Cordero’

Nova en Galicia Hoxe:
Aparece un chaleco

Nova en El Correo Gallego:
Gran manifestación de duelo
Un pesquero encuentra un chaleco salvavidas cerca de Cabo Prior

Vieiros:
Atopan un chaleco do ‘Cordero’, unha milla ao norte do Cabo Prior

Nova no Diario de Arousa:
Riveira celebra el funeral por los cuatro marineros mientras continúa su búsqueda por tierra, mar y aire

6 Comments on “Milleiros de persoas despediron ás victimas do “Cordero””

  1. Antes de nada quixera darlle o máis sentido pésame e todo o meu apoio solidario as familias das víctimas desta traxedia que están pasando momentos tan dolorosos. Onte, ao igual que miles de persoas estiven na homenaxe que Ribeira en pleno lle rendeu.

    Sen embargo, a pesar dese multitudinario e sentido homenaxe, acabo de escoitar nos informativos que os Servizos de Salvamento pretenden finalizar coa búsqueda dos mariñeiros desaparecidos. Paréceme que a Administración tería que facer todo o necesario por recuperar a eses mariñeiros, e de paso, emplearse máis a fondo para que estas traxedias non volvan a acontecer. Que as súas mortes non sexan vans é a mellor homenaxe que lle podemos facer!!

  2. Onte na lonxa puidemos ver e sentir moi preto a dor das familias das víctimas. Vaia para elas o meu máis sentido pésame.
    O desembarco de autoridades é positivo porque lle permite vivir en primeira persoa o drama que están a padecer estas familias mariñeiras pola perda dos seus seres queridos. Os nosos gobernantes puideron ver nais destrozadas pola perda dos seus fillos, pais, irmáns, esposas, fillos e fillas, compañeiros, ... sumidos nunha profunda dor por ter que darlle o último adeus aos seus.
    Nunca saberemos o que pasaría se os servizos de salvamento foran máis dilixentes e eficaces, se, como denuncian os sindicatos, as cámaras térmicas non estiveran estropeadas… É incluso posible que non tiveramos que celebrar o funeral de onte!
    Pero iso xa non o podemos evitar. Tampouco podemos evitar que haxa máis accidentes no mar. Sen embargo, ter un servizo de salvamento eficaz non só é posible, é unha obriga da administración que ostenta a súa competencia, neste caso, o goberno do Madrid.
    Agardo que a presenza das autoridades onte na Lonxa de Ribeira serva para rematar con esta sangría que ano tras ano arranca tantas vidas nas nosas vilas costeiras. Esa é a homenaxe que as víctimas do Cordero e tantas outras se merecen!!

  3. todavida houbo asidentes no mar. temos moitos barcos pescando e teñen asidentes.o mar hai que ir e non vale desir que a culpa e de ir pescar con mal tempo porque habia mais barcos ali e ninjen lle chama suisidas. salvamento faseria o que pudo, e ainda que houbera aljun fallo eles tamen son homes. foi unha desjrasia meu e non hai que darlle mais voltas. o meu pesame para os familiares dos fallesidos.

  4. Jatonegro, a desgracia é que asumamos como normal algo que non o é. As declaracións dos patróns que estaban alí van todas na mesma liña. Algúns din claramente: se non estamos nós alí non se salva ninguén.

    Todos podemos ter erros e un accidente sempre pode habelo. Pero hai algúns que cobran moitos cartos por salvar vidas, o mínimo é que teñan os medios en condicións. As cámaras térmicas non poden estar avariadas, e non se pode retrasar a posta en marcha do dispositivo porque pareza unha falsa alarma: nestes casos é cuestión de vida ou morte.

    Un abrazo ós familiares das víctimas.

  5. Tes moita razón, jatonegro. A vida é así, uns fanse ricos a conta da penuria doutros. Para que vamos a cabiala? Os mariñeiros teñen que ir ó mar aínda que haxa aviso de temporal, se queren cobrar. É o lóxico, sobre todo se os armadores quedan na casa. O que proteste queda en terra, para o sitio sobran indonesios, peruanos, etc.

    Por qué lle hai que pedir explicacións a salvamento se seguro que fixo o que puido? Que fai un helicótero de noite coas cámaras térmicas avariadas? pois iso, o que pode! Hai tantas falsas alarmas que esta pudo ser unha máis. Tampouco pasa nada, mándanse por alí os medios cando se esté seguro para poder cobrar e xa está. Logo faise un funeral con desembarco de autoridades para tranquilizar as conciencias e todos contentos. É o que hai! Foi así toda a vida, non?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *