Jorquera pide o apoio para o BNG

Jorquera pide aos galegos e galegas que opten polo BNG nas eleccións xerais para ‘desenvolver o autogoberno do país á altura de Euskadi e Catalunya’

O candidato do BNG pola provincia da Coruña defende que o Estado español aumente o investimento social e “abandone a obsesión polo déficit cero”

Francisco Jorquera, coordenador executivo do BNG e candidato desta formación política ao Congreso dos Deputados, valorou onte pola mañá a situación política ante a convocatoria de eleccións xerais para o nove de marzo. Animou aos galegos a optar nestas eleccións polo BNG, garante do “desenvolvemento dun autogoberno nacional que coloque a Galiza ao mesmo nivel que Euskadi e Catalunya”.

Nesta liña, asegurou que o PP significaba para os electores “a opción do veto ao autogoberno de Galiza e da recentralización de competencias autonómicas” . Para Jorquera este partido “é o responsábel de que neste momento Galiza non conte cun Estatuto de primeira”.

Pero o PSOE tamén recibiu críticas do coordenador executivo do BNG pola súa recente proposta de “peche do mapa autonómico”. Segundo explicou, esta opción política é a da “falta de ambición para as necesidades de autogoberno do noso país e da subordinación aos deseños de Ferraz”. [...]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *