Vivenda subvencionará ás persoas afectadas de Xarás

Vivendas de Xarás

A Consellería de Vivenda é Solo, que dirixe a nacionalista Tereixa Táboa, está elaborando a orde que permitirá subvencionar con 2.000 euros ás persoas beneficiarias das vivendas de promoción pública de Xarás.

O delegado provincial, Xoán Carlos Bascuas, trasladouse hai mes e medio a Ribeira para informar directamente, ás persoas afectadas pola demora na construción das vivendas sociais de Xarás, das axudas que recibiran da Consellería de Vivenda e Solo.

Así, aquelas familias que viven en inmobles de aluguer recibirán dous mil euros anuais en concepto de axuda para sufragar os gastos, mentres que as cinco que residen en caravanas serán reacollidas a través da firma dun convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e o Concello de Ribeira.

A sinatura deste convenio faise a iniciativa da Consellería de Vivenda e Solo, para o cal o delegado de Vivenda se trasladou a Ribeira a finais do pasado mes de novembro para manter unha entrevista co Alcalde no transcurso da cal o informou das intencións da Consellería para facilitarlle unha vivenda ás familias que viven en caravanas.

Licitación das obras de Xaras

Vivenda e Solo, licitou por 1.353.397 euros as obra de remate das 21 vivendas protexidas de promoción pública de Xarás, no Concello de Ribeira, tal e como se recolle no anuncio de licitación publicado no DOG o luns 31 de decembro de 2007. O prazo de execución das obras será de 12 meses, a contar desde a sinatura da acta de comprobación do replanteo e inicio das obras coa empresa adxudicataria.

Nova na Voz:
A Xunta ultima a orde para pagar aos beneficiarios das casas de Xarás
A Xunta publica a lista definitiva dos beneficiarios dos pisos de Xarás

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *