O BNG homenaxea a Castelao en Rianxo

Homenaxe a Castelao Quintana, Jorquera e Adelina Ces

O portavoz nacional do BNG subliña que “chegou a hora de que todos os galegos tamén voten como galegos” “PSOE e PP teñen dous programas: un para Galiza e outra para Madrid. O BNG é o único coherente: aquí e en Madrid defendemos os intereses dos galegos e galegas”

O portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana subliñou hoxe que “os partidos que conforman Galeuscat – BNG, PNV e CiU – xuntos ou por separado, serán decisivos para determinar quen é o próximo presidente do Goberno a partir do 11 de marzo”.

O líder nacionalista fixo estas declaracións onte ao mediodía en Rianxo durante a súa intervención nos actos organizados polo BNG con motivo do 58º cabodano do pasamento de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.

No acto interveu tamén o coordinador executivo, senador e candidato número 1 do BNG ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña, Francisco Jorquera, e a Portavoz Municipal do BNG de Rianxo, Adelina Ces.

Quintana estuvo arroupado, ademais, por Paz Abraira, cabeza de lista por Lugo ao Congreso dos Deputados, Iago Tabarés por Ourense, Olaia Fernández Davila por Pontevedra, así como pola candidata da Barbanza, Dominga Brión, o alcalde de Boiro, Xosé Deira, a deputada provincial, Rosana Pérez, o portavoz parlamentar, Carlos Aymerich, e a deputada da comarca, Ana Pontón, entre outros cargos institucionais e orgánicos do BNG.

Máis información…

Nova na Galega:
Quintana reivindica a herdanza política de Castelao

Nova na Voz:
Quintana avisa de que os integrantes de Galeuscat serán «decisivos» nas próximas eleccións

Nova en Galicia Hoxe:
Un único programa

Nova no Correo:
Quintana insinúa que CiU, PNV e BNG poderían “decidir o próximo presidente do Goberno”
Quintana sitúa al nacionalismo como clave para elegir al nuevo presidente

Nova no Diario de Arousa:
Quintana presenta en terras de Castelao o seu programa electoral para as Xerais

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *