Homenaxe do BNG a Castelao

O vindeiro sábado, día 5 de xaneiro, o BNG organiza en Rianxo un acto nacional de homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no 58 cabodano do seu pasamento.

O Programa de actos é o seguinte:

12:30 h.- ACTO PÚBLICO. Casa da Cultura (Praza de Castelao)
Adelina Ces. Portavoz Municipal do BNG en Rianxo.
Anxo Quintana. Portavoz Nacional do BNG e Vicepresidente da Xunta de Galiza.

13:15 h.- OFRENDA FLORAL. Monumento a Castelao (Paseo da Ribeira)
Adelina Ces. Portavoz Municipal do BNG en Rianxo.
Francisco Jorquera. Coordenador Executivo do BNG, senador e candidato nº 1 ao Congreso dos Deputados pola provincia de A Coruña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *