Demandamos unha actuación integral en Fondevila

Unha representación veciñal amosounos as deficiencias de FondevilaRúa da HabanaA veciñanza a carón do poste da vergoñaO poste da vergoña

O Grupo Municipal do BNG ven de solicitarlle ao Goberno Municipal que inclúa no orzamento do vindeiro ano unha partida para levar a cabo unha actuación integral no lugar de Fondevila que supoña:

• O arranxo e mellora da rúa da Habana.

• A mellora das canalizacións de todo o barrio e do pavimentado de todas as rúas, dotando tamén dos contedores necesarios para a recollida selectiva do lixo.

• Acondicionar un espacio de lecer no barrio e regular a circulación dun xeito máis acaído.

• O arranxo da fonte pública que alí existe e, en xeral, de todo o seu entorno, levando a cabo as actuacións necesarias para a recuperación do seu caudal.

O lugar de Fondevila e o seu entorno presenta un aspecto moi deteriorado, polos escasos investimentos que se fixeron nos últimos anos en todo o barrio, a pesar das promesas feitas en Pleno polo Grupo de Goberno do PP. A parte superior da rúa da Habana, que dá servicio directo a catro vivendas, resulta intransitable debido ao precario estado do seu firme. Algunhas persoas mesmo estacionan os seu vehículos diante obstruíndo o paso por semellar un camiño a ningunha parte. A carón desta rúa existe unha finca particular en lamentable estado, pese as labores feitas polos propios veciños e veciñas, sobre a que o concello debera actuar.

Ademais son varias as rúas que presentan roturas en tubarias e todas elas necesitan unha mellora no firme. O barrio precisa tamén dunha dotación adecuada de contedores para a recollida selectiva de lixo.

A emblemática fonte e o lavadoiro de Fondevila e o seu entorno, aínda moi utilizados pola veciñanza, precisan unha actuación cara a mellorar o seu estado de limpeza e conservación. Tamén habería que valorar as causas da alarmante diminución de caudal producida nos últimos anos e actuar na súa recuperación.

Fondevila é un barrio vivo. Hai, polo tanto, abundante circulación de vehículos que compre regular. É preciso establecer os sentidos idóneos de circulación e os lugares de aparcamento máis acaídos.

Consideramos tamén moi importante a dotación ao barrio dun espacio de lecer ao que poida ter acceso toda a veciñanza.

Iniciativa Municipal:
2007-11-08actuacionintegralfondevila.pdf

5 reflexións sobre “Demandamos unha actuación integral en Fondevila

  1. Jaime

    Seique éste comentario non se corresponde coa información deste apartado, pero como ten algo de relación con respecto ao transporte e as obras do noso Concello, supoño que é onde mellor cadra.
    Hoxe, despois do sufrimento pasado durante todo o día decidín facer público o meu descontento, e o de moitos cidadáns de Ribeira.
    O caso é que a día de hoxe , os que circulamos por Ribeira, levamos sufrido o noso, e non fago este comentario por que non estéa de acordo coas obras que se están a realizar nas rúas da Cidade, que doutra banda, poderían ser necesarias, senón o modo en como se executan: SEN CONTROL (rompen as rúas por todos lados unha morea de veces é en unha chea de sitios a vez), SEN PREVISION (non se consideran alternativas de entrada ou de saida de ningún tipo, especialmente nas horas punta, para autobuses escolares nin para os vehículos particulares que traen aos nenos os colexios) o mesmo que non se habilitan/controlan zonas para carga/descarga, pois as poucas que quedan están ocupadas a toda hora), e por suposto SEN INFORMACIÓN DE NINGUN TIPO (hoxe, ás 18,10 horas, atopámonos (creo que centos de coches) en Padín, dirección Carreira, e ao chegar á altura da Policía Nacional vemos de fronte unha sinal de dirección prohibida, co que viramos a dereita coa intención de saír pola rúa do Xulgado e seguir tirando, pero a sorpresa é que temos que virar á esquerda e volta a empezar…Policía….Malecón…Cruce….Igrexa….Matadoiro…..e por fin, Mámoa e Carreira ás 19,00 horas… e isto é só un caso, e coñecendo unha alternativa, pois non me imaxino o sufrimento de quen non coñeza Ribeira?..
    Pregúntome eu: só con que houbese algún axente de policía, ou persoal de protección Civil, informando da dirección a tomar ¿¿¿non gañariamos tempo os condutores e fluidez o tráfico???
    Cabe a posibilidade de que estea equivocado con este comentario, pero se non é así, Señor Xefe de Policía de Ribeira, Señor Concelleiro de Obras de Ribeira e Señor Alcalde de Ribeira ¿¿POR QUE NON POÑEN UN POUCO MAIS DE EMPEÑO NAS SUAS LABORES PARA RESOLVER ESTES GRAVES PROBLEMAS QUE ESTAMOS A PADECER ??
    Saúdos

    Responder
  2. jatonejro

    se queren que fajan aljo en fondevila que vendan para faser edifisios e que compren un piso avaixo, que por 200 ou 300 000 euros ainos de sincuenta metros, que fajan calles hanchas para que pasen os coches, aseras para que cajen os cans, deisando sitio para os contenedores e para as farolas e tamen aljo para a sente ainda que sea pouco. Ose todo mundo vai en coche a todas partes porque todo o mundo o ten, e eso jrasias a Fraja e a este alcalde que he o mellor que tubo Riveira en vinte anos e por eso somos unha ciudad centenaria e os de fondevila deberan estar orjuyosos e non protestar tanto e faser o que teñen que faser que sa o dixen

    Responder
  3. marqueades

    Pero vamos a ver jatonejro, ti en que Ribeira vives.
    O mellor e que nunca saistes de Galicia, nin de Ribeira.
    En 20 anos podense faser tantas cousas, claro que don manuel e don j.l fixeron, pero hai maneiras de facer e maneiras de actuar. dous exemplos nada mais:
    1º-fixeron unha via rápida, non sei cantos mortos, non sei cantos atascos, etc. Ahora faise unha AUTOVIA, con seguridad e vai traer gas natural e a rede R para toda a comarca.
    2º-Fixeron un poligono en xaras para quen todos sabemos, e as outras empresas deixamolas no medio do pobo ou senon para COUSO.
    En difinitiva hai que gobernar pensando no futuro.
    Outra cousiña Ribeira escribese con “b”

    Responder
  4. jatonejro

    a ver marquiades, non quero discutir por que che vexo boa intensión, pero tampoco eu vexo jran cousa cas obras da via rápida. A ver que pasa cos asidentes cando a inaujuren a autovía. Do políjono que disque vai faser a xunta tampouco se ve jran cousa, e eu son como san juan que teño que meter o dedo na llaja. Cando o vexa falamos e daquela o mellor cambio de opinión. Jrasias polo de ribeira pero sa o savia.

    Responder
  5. Pingback: O Pleno de marzo celebrarase o 7 de abril | BNG de Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *