Reclamamos parques infantís de lei

parques-infantis.jpg

O BNG de Ribeira, por medio da concelleira Ana Álvarez, ven de presentar unha iniciativa municipal pola cal solicita que se realice a obrigatoria inspección e revisión por técnicos competentes e con formación acreditada e que se adecuen tódolos parques do noso concello á normativa vixente.

Ao mesmo tempo tamen demandamos que se adecuen circuítos independentes para xogos de velocidade (bicicletas, patinetes e similares) e pistas multideportivas (baloncesto, fútbol,...).

A Poboación de Ribeira conta con 4.272 nenas e nenos de 0 a 15 anos (fonte INE). A Convención dos Dereitos dos nenos e nenas, do ano 1989, ratificada polo Estado español, dispón no seu artigo 30.1º o dereito dos nenos/as ao descanso e ao esparexemento, ao xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade. Pola súa parte a resolución do Parlamento Europeo sobre a Carta Europea dos Dereitos do Neno/a refírese a estes mesmos dereitos.

A Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor sinala que as administracións públicas deberán exerce-las súas competencias en materia de control e adecuada regulación e supervisión dos espacios nas condicións físico-ambientais e hixiénico-sanitarias. As recomendacións técnicas relativas á seguridade nos equipamentos e instalacións das áreas de xogo desenvolvéronse polo Comité Europeo de Normalización nas diferentes normas UNE-EN (1176 e 1177). Esta lexislación ten o seu correlato en Galicia no Decreto 245/2003, de 24 de abril, polo que se establecen as normas de seguridade dos parques infantís.

Existen tamén informes encargados pola Xunta de Galicia que demostran que a maioría dos parques infantís teñen importantes deficiencias.

Se botamos unha ollada aos parques infantís do noso municipio, advertimos que moitas destas deficiencias detectadas pola Xunta se reflicten nas nosas instalacións: risco de ficar atrapados, enferruxamento de elementos metálicos, arestas e saíntes afiados, ancoraxes deficientes… A máis disto, na maioría das instalacións, as superficies de amortecemento de impactos, que deberán protexer aos nenos no caso de caídas non existen na meirande parte dos parques existentes.

O Decreto mencionado establece a obrigatoriedade dos concellos a adaptar a normativa nun prazo máximo de cinco anos mellorando o deseño dos distintos elementos e a súa protección contra caídas, substituíndo a area do chan por superficies flotantes de cortiza ou outro material amortiguante, incorporando unha serie de indicacións e sinalizacións para previr accidentes e facilitando o acceso de menores e persoas con discapacidade e integrando xogos adaptados para estes menores.

Iniciativa Municipal:
2007-12-07solicitudeparquesinfantis.pdf

Nova na Voz:
O BNG reclama melloras no mantemento e seguridade dos parques infantís de Ribeira

Nova no Diario de Arousa:
O BNG de Riveira esixe ao Concello que efectúe as inspeccións obrigatorias

4 reflexións sobre “Reclamamos parques infantís de lei

  1. Peter Pan

    Unha: na esquina de Padín quedou un oco: poñamos un parque infantil ainda que sea no medio dos coches, é dicir, un perigo para os nenos. Consecuencia: ver alí un neno xogando é un milagre, pero queda bonito á hora de dicir que se fixo algo e a xente traga. Outra: no parque máis recente, nas Abesadas, no que tiña que ser só unha ampla praza pública (en semellante espazo construído non hai nada máis de zona verde) meteuse un parque infantil que ten en cada zona de xogo unha fochanca de medio metro de fondo que se inunda cada vez que caen catro gotas… Normativa europea? Dereitos dos nenos? En Ribeira?

    Responder
  2. Dana

    Xa era hora de que alguén se acordara dos cativos da casa. É unha tristeza, pero aínda que queiras achegarte ao parque cando escampa, en días de inverno, é imposíbel porque está todo cheo de pozas.
    Se o chan estivera recuberto “por superficies flotantes de cortiza ou outro material amortiguante”, como decides, ademais de evitar accidentes, tampouco se enchería de pozas. Agardo que vos fagan caso e que pouco e pouco os vaian arranxando todos. Parabéns pola iniciativa.

    Responder
  3. jatonejro

    si e mellor que os rapases estean cas nais ata os tres ou catro anos, lojo, os sinco empesan a xojar na television, os seis, sete e oito plei esteixon. Se son bos entre nove e des volvense frikis e dedicanse os xojos de rol. E acabouse o conto porque os onse-dose empesan a beber e o unico parque infantil que lle vale e o de pedrapateira porque esta apartado, oscuro e conquistado meu. E asi a nova tradisión e non sei por que carallo vos empeñades en torsela. Voto por este alcalde porque sabe moi ben o que quere a xente mosa: dormir toda a mañan e si e domingo todo o dia….ainda que haxa votasións!

    Responder
  4. jaime

    Co teu potencial, jatonejro, e que vexas as cousas dende o “lado oscuro” ,... que magoa.
    Dexésoche que teñas boas festas, queque sigas ca “tradisión” e que durmas canto queiras.
    Saúdos

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *