Artes concentrarase diante do Concello

Manifa de Artes

Pais e nais do Alumnado de ESO de Artes, reunidos o pasado sábado, día 1 de decembro, no Centro Recreativo de Artes, valoraron moi positivamente a concentración do venres 30 de novembro en Gude e acordaron continuar coas mobilizacións.

Neste senso, Xosé Luís Groveiro, voceiros das persoas afectadas, informou que se concentraran novamente o sábado día 15 de decembro, as 13:30 horas diante do Concello de Ribeira.

Groveiro indicou que remitirán un escrito á Conselleira de Educación e “faremos a entrega simbólica no Rexistro do Concello do autobús que os pais e nais temos construído”, para solicitarlle que cumpra a promesa de dar servizo de transporte aos alumnos de Artes «e conclúa finalmente con esta esperpéntica situación», matizou. O día 13 celebrarase unha comisión de Educación na que a deputada nacionalista Ana Pontón preguntará á conselleira sobre este tema.

Nova na Voz:
Pais de Artes concentraranse o 15 ante o Concello para que se amplíe o transporte escolar

One Comment on “Artes concentrarase diante do Concello”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *