Artes segue reclamando melloras no transporte público

Manifestación de Artes Manifestación de Artes

Nais, pais e alumnado de Artes volveron a concentrarse o pasado venres para esixir o cumprimento das promesas de Educación no sentido de ampliar o transporte ao alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos desta parroquia.

Nesta ocasión, dibuxaron a gran tamaño o autobus que, desde hai máis de catro anos, están reivindicando para que recolla ao alumnado de Gude, Goda, Queimadoiros, Viñas e Sego. Falamos dun grupo de 30 alumnos e alumnas afectadas.

Xosé Luís Groveiro, voceiro dos/ afectados/as, lembrou que xa o Delegado Provincial de Educación instou por escrito á empresa de transporte a ampliar o servizo en outubro de 2006. Tal ampliación nunca se levou a cabo. Posteriormente, o 11 de maio de 2007, o Director Xeral de Ensinanzas Especiais, Antonio Vázquez, afirmou no Parlamento Galego, en resposta a unha pregunta da deputada do BNG Ana Pontón, que “comprendemos a demanda, estamos a estudiar a ampliación e esperamos que estea en funcionamento a principios do curso 2007/2008”.

Nais, pais e alumnado de Artes agardan que “máis pronto que tarde ese proxecto de autobus se converta nunha realidade”, afirmou Groveiro.

O BNG, por medio do concelleiro Xosé Luís Groveiro, xa presentou unha iniciativa municipal solicitanto o respaldo da corporación para que o Concello inste á Consellería de Educación da Xunta de Galiza a dar cumprimento ao afirmado polo Director Xeral de Ensinazas Especiais na Comisión 4ª de Educación do Parlamento Galego o día 11 de maio do 2007, de acceder ás necesidades do alumnado do IES Coroso da parroquia de Artes, en resposta a unha iniciativa da nosa deputada Ana Pontón.

Nova na Voz:
Pais e políticos mobilízanse para que se amplíe en Artes o transporte escolar

4 Comments on “Artes segue reclamando melloras no transporte público”

  1. Como é posible que con esto que decides ainda non esté o atobús pola carreteira de Gude? É que ainda está gobernando o PP? Parece que sí. Ánimo ós de Ártes que pelexan polo seu dereito.

  2. Non se entende ben cal é o problema. Se o representante da Consellería di no Parlamento que se porá en marcha o servizo neste curso, por qué aínda non esta en funcionamento a estas alturas do curso? Parece que ese director xeral non ten moita credibilidade. En todo caso, moitos ánimo para quen reclama o que lle corresponde.

  3. Parece que é o BNG o único que ten na súa axenda a mellora das condicións do transporte escolar. O caso de Artes é sangrante e non debera tardar a solución se é que ainda queda algo de intelixencia nos responsables da Consellería de Educación.
    É curioso tamén, por non dicir outra cousa, a presenza dos demais partidos nas protestas de Artes…agora. A xente percibe que este goberno non funciona ó cen por cen por sí só: para que avance hai que empuxar. E o goberno anterior? Aquel nin empuxando porque non deixaban, pero… quén se acorda xa daquel goberno?

  4. Parece mentira, pero lembrome que haverá uns 20 anos tiven unha moza de goda e a nosa relación non foi adiante por culpa do transporte. Ainda hoxe non o hai, pois 20 anos do goberno dos pepeistas non fixerón nada, agora queren sair reclamando o que non fixerón.
    A xente de artes está no seu dereito. Se se uniran hai 20 anos o mellor eu tamen seria de Artes.Animos, o bng está a apoiar de verdade non coma outros grupos que soio se suman á festa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *