Iniciativas do BNG debatidas no Pleno ordinario de Novembro

O pasado luns, día 26 de novembro, celebrouse o Pleno ordinario da Corporación Municipal. Na mesma debatéronse tan so 4 mocións, das 6 presentadas polo BNG, por falla de tempo. A continuación relaciónanse as mocións que se trataron. Pulsa enriba da iniciativa para obter máis información sobre a mesma. Cabe indicar que, por unha cuestión organizativa, está limitado o número de mocións a presentar por cada grupo municipal. En concreto ao BNG correspóndenos un máximo de 6.

As mocións que se debateron son en relación cos seguintes temas:

Esta moción foi votada en contra polo PP. Deste xeito o goberno do PP rexeita ceder un local á Dirección Xeral de Xuventude de Vicepresidencia para acondicionalo con locais de ensaio, dotalo de instrumentos musicais e estudio de gravación e integralo na REDE GALEGA DE LOCAIS DE ENSAIO. Renuncia así a unha infraestructura moi demandada polos grupos musicais de Ribeira, o que supón rexeitar un investimento de máis de 100.000€, e as vantaxes de estar na REDE.

Esta xestión foi feita polo BNG diante de Vicepresidencia. O Director Xeral de Xuventude, o nacionalista Ruben Cela, confirmounos que Ribeira pode contar con esa infraestructura, sempre que o concello cedera un local, algo ao que o goberno do PP non parece estar disposto.

O PP tamén votou en contra desta iniciativa do BNG. Rexeita deste xeito que o noso Concello entre a formar parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, integrado pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia e por 222 concellos galegos, a día de hoxe. O Consorcio é a fórmula xurídica escollida para unha xestión moderna e innovadora dos servizos sociais.

Isto supón que a cidadanía de Ribeira non vai a poder disfrutar dunha serie de servizos, entre eles unha galescola, que o BNG xestionou diante da Secretaria Xeral de Igualdade, a nacionalista Carme Adan. A Secretaria Xeral confirmounos que Ribeira poderia contar con unha galescola, sempre que o Concello se integre no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, poña a disposición o terreo e aporte o 20% da financiación. Vicepresidencia encargase do 80% restante.

Cabe lembrar que Ribeira conta con un censo poboacional de preto de 1.000 nenos e nenas de 0 a 3 anos. Neste momento só dispón dunha Escola Infantil Municipal de arredor de 100 prazas de 0 a 3 anos, os preto de 900 restantes teñen que estar ao coidado das súas familias, por falla de oferta pública. A pesar disto, o PP votou en contra da nosa iniciativa, argumentando que Ribeira non necesita unha galescola.

O PP votou a favor do primeiro punto desta iniciativa que se aprobou por unanimidade e en contra do segundo alegando o argumento de sempre: ” Xa estamos niso”. Lamentábelmente os problemas continuan. Nova na Voz: A emisión dun gas irritante obrigou a Ambar a desaloxar o seu centro de Xarás

O mesmo argumento anterior tamén lle sirveu ao goberno do PP para rexeitar esta iniciativa do BNG.

4 reflexións sobre “Iniciativas do BNG debatidas no Pleno ordinario de Novembro

  1. Avalón

    Paréceme que Ribeira vai a perder moitas oportunidades con este home de alcalde. Recollía onte a prensa unha frase del: “Ribeira ten un alcalde”... Si, teno, aínda que non se nota moito, porque non exerce.

    Responder
  2. Dana

    Preocúpame que o PP diga que non nos fai falta unha galescola, porque é falso. Non será máis ben que non quer que vos levedes os méritos? Coido que si!

    Responder
  3. Graña

    Pois niso estarán, pero non se deben zafar moito que eu non vexo nada. Xa estaría ben que nos puxeran unha macro depuradora a carón e nos cos pozos negros.

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *