Demandamos unha Escola Oficial de Idiomas

Escola Oficial de Idiomas de Compostela

O BNG demanda, por medio do concelleiro Luís Teira, que Ribeira conte con unha Escola Oficial de Idiomas, de ámbito comarcal.

Dende o inicio deste curso escolar, o concello de Ribeira deixou de ter unha oferta formativa no ámbito das linguas. Trátase do ciclo inicial da Escola Oficial de Idiomas que se impartía no IES Nº1 de Ribeira. Esta formación estaba adscrita á escola oficial de idiomas de A Coruña, e grazas a ela os/as mozos/as do noso concello podían asistir aos 3 cursos do ciclo inicial de inglés e ter a correspondente certificación oficial da escola de idiomas.

Dende este curso a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dictou as indicacións pertinentes para que o nomeado IES Nº1 deixe de ofertar o primeiro curso desta formación de cara a unha eliminación progresiva destas ensinanzas do noso concello.

Ao BNG parécelle que esta formación complementaria é de vital importancia para a formación da nosa mocidade e deberíase ampliar esta formación cara: a posibilidade de participación de adultos neste tipo de formación, o aumento dos idiomas a impartir, onde debería estar o galego, etc. de cara a constituír en Ribeira unha Escola Oficial de Idiomas, de ámbito comarcal, onde se impartan todos os ciclos de linguas.

Iniciativa plenaria:
2007-11-16solicitudeescolaidiomas.pdf

Diario de Arousa:
O BNG propón solicitar unha Escola Oficial de Idiomas para Ribeira

4 Comments on “Demandamos unha Escola Oficial de Idiomas”

  1. Que lle pasa a estes do SOE, só saben facer cousas onde gobernan desmantelándoas noutros sitios? Paréceme ben que se poña en marcha en Noia, pero en Ribeira xa había esa ensinanza, por qué se desmantela?

  2. Ola Lauro,
    como creo que non coñeces a dinámica municipal, dicirche que o grupo do BNG non ten acceso ás iniciativas que presentan os outros grupos ata que recibimos a documentación para o pleno (uns 4 ou 5 días antes do mesmo) e que polo tanto non sabemos o que solicitan. E por suposto nos esta iniciativa rexistrámola antes de ter constancia da existencia de outra semellante metida por outro grupo. Entón o problema será de outros…

    Nos traballamos día a día coa xente tentando resolver problemas e difundindo o noso traballo e dende logo agrádanos chegar a puntos de encontro con outros grupos municipais na solución dos problema. Esperemos que sexa este o caso na Escola de Idiomas.

  3. Descoñezo se os socialistas de Ribeira presentaron ou non unha iniciativa a este respecto, eu dende logo na prensa non a vin. O que sei e que a Consellería de Educación (socialista, por certo) eliminou unha oferta educativa que existia en Ribeira.

    Paréceme que, precisamente vos, para que non sigan a bailar os de sempre non facedes moitos méritos nin alá nin acá.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *