Lembranza dunha catrástrofe que asolou a nosa costa

Cinco anos despois aínda doe lembrar esta data na que nin nos nosos peores pesadelos podíamos imaxinar o que se nos viña enriba. Os “hilillos de plastilina” convertéronse nun manto negro que asolou a nosa costa. Esa dor inicial transformouse en desesperación, impotencia e logo mesmo en indignación ante o abandono que sufrimos por parte das administracións.

Din que a necesidade agudiza o inxenio; así foi, a necesidade foi tal que mesmo quitou o mellor de nós. Este país ergueuse e fixo gala dunha valentía e dunha dignidade nunca vista.

ALGUNHAS DATAS PARA A HISTORIA:

:: 13/11/2002

O petroleiro ‘Prestige’ lanza un SOS fronte a costa galega. Está a punto de afundirse a 28 millas ao oeste de Fisterra con unas 70.000 toneladas de fuel-oil no seu interior. O buque, que ten una vía de auga no casco, presenta una escora de 45 grados a estribor con grave risco de afundirse e de partirse en dous.

:: 19/11/2002

O Prestige afundiuse despois de ser paseado durante varios días por diante da nosa costa cun rumbo errático. Tres tanques quebraron cando o buque se foi a pique na mañá de hoxe a 234 kilómetros da costa. Galiza está ante a ameaza da maior catástrofe ecolóxica, económica e social da súa historia. Ventos do sudoeste e olas de seis metros empuxan cara o litoral do noso país 10.000 toneladas de fuel que saíron á superficie minutos despois de que o Prestige se fora a pique ao partirse en dous.

:: 21/11/2002

Créase a Plataforma Nunca Máis. Esta organización aglutinou desde entón a resposta cidadá ao desastre ecolóxico e á xestión levada a cabo polos diferentes gobernos responsables.

:: 01/12/2002

Unha marea humana reclamou na capital galega solucións contra a marea negra. Máis de 200 mil persoas berraron en Santiago «Nunca Máis».

:: 02/12/2002

A Arousa mobilizase ante a chegada da marea negra. Unhas 150 planeadoras e 15 barcos mexilloeiros recollerán o fuel do mar con unas espumadeiras ideadas polos bateeiros. Portugal di que, se nada cambia, as manchas chegarán ás Rías Baixas.

:: 03/12/2002

Os homes e mulleres da Arousa pelexan coas mans espidas. Mariñeiros, mariscadores/as e mexilloeiros toman a iniciativa ante a falta de medios e dunha resposta coordinada desde as diferentes administracións. Convertéronse así nos nosos heroes e Aguiño no porto base de operacións.

:: 04/12/2002

A xente da Arousa frea a marea e a loita estendese a Vigo e Pontevedra. Máis de 7.000 persoas recolleron o chapapote do mar polos seus propios medios nas Rías Baixas. Oitocentos barcos lograron frear a entrada da marea negra na Arousa. A sociedade civil no seu conxunto sumouse a unha mobilización sen precedentes.

:: 22/01/2003

Arredor de 42.000 estudiantes de ensino secundario, transportados por máis de 850 autobuses, participaron na mobilización da Coordinadora de Ensino Area Negra para constituír unha cadea humana na Costa da Morte, desde Laxe e Muxía. O acto tiña un carácter eminentemente docente e pretendía dar ao coñecer ao alumnado a situación provocada pola catástrofe do Prestige e inculcar nos rapaces e rapazas conceptos como solidariedade, participación democrática ou dereito a esixir responsabilidades políticas. Outros 12.000 tiveron que quedar nas súas localidades e tomar partido en actividades alternativas.

:: 23/02/2003

A marea de dignidade chega a Madrid. “Nunca Máis” convoca alí a máis de 300 mil persoas que chegaron dende todas as partes do mundo.

A Galega:
Hai cinco anos o ‘Prestige’ pedía axuda fronte as costas galegas
Muxía, cinco anos despois do Prestige
A marea negra fixo xurdir unha mobilización sen precedentes
Ata 18.000 buques pasan pola costa con mercadorías perigosas
Hoxe fanse cinco anos do afundimento do ‘Prestige’

Galicia-Hoxe:
O BNG cre que Galicia non está preparada para outro “Prestige”
O veleno do ‘Prestige’ segue vivo baixo a area
Douscentos millóns de toneladas perigosas sucan mares de Europa
13-N: “Bo día da dignidade a todas e a todos”

Vieiros:
Cinco anos de loito, algunhas loitas pendentes

A Voz de Galicia:
Así o contou A Voz de Galicia
O último técnico que pisou o «Prestige» antes do accidente nunca vira un barco peor
A MAIOR CATÁSTROFE ECOLÓXICA DE EUROPA
A Salvamar Sargadelos trasládase a Ribeira, onde se crea unha base de salvamento

O País:
CINCO ANOS DO ‘PRESTIGE’
“Yo estaba en misa pidiendo otro puerto”

Correo Gallego:
Alaban o papel dos mariñeiros contra o fuel en zonas difíciles
Sólo hai dous barcos e un avión máis para combater outro ‘Prestige’
Gráfico: Medios para a seguridade marítima de Galiza

Xornal.com:
As costas galegas siguen contaminadas cinco anos despois do Prestige

4 Comments on “Lembranza dunha catrástrofe que asolou a nosa costa”

  1. Foron días terribles aqueles. Pensei que se acababa todo, que tiña que coller a maleta e emigrar. Por sorte, salvamos a ría. Aínda que se veu afectada, aquel esforzo valeu a pena. Se a marea negra entra na Ría sería o fin.

  2. A praia de Espiñeirido foi o primeiro punto do Concello de Ribeira ao que chegou o chapapote. Cando vin as praias de Espiñeirido e Seráns cheas de chapapote. Aquelas pedras cargadas de mexillóns e percebes cubertas pola marea negra, pensei de morrer de pena. Logo chegou a indignación escoitando ao goberno. A mentira e o abandono no que nos deixaron foi algo imperdoable. Pero está visto que a todo porquiño lle chega o seu sanmartiño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *