Demandamos no Parlamento melloras no servizo de trasporte

Ana Pontón e Dominga Brión en rolda de prensa

O BNG, por medio da súa deputada Ana Pontón e o seu deputado Manuel Parga, reclaman, novamente, solucións ao deficiente transporte escolar da parroquia de Artes.

O Grupo Parlamentar do BNG xa formulara no pasado período de sesións unha pregunta interesándose pola mellora do transporte do alumnado do IES Coroso procedente da parroquia de Artes, facéndose eco dunha demanda formulada pola ANPA dese instituto.

O Director Xeral de Ensinanzas Especiais informou en sede parlamentar que a Consellaría de Educación realizou diferentes xestións coa empresa prestadora do servizo, e afirmaba, á altura de 11 de maio de 2007, que “nestes momentos estase a estudar a posíbel ampliación para que sexa plenamente efectiva ao inicio do vindeiro curso 2007/2008”.

Aínda que collemos con agrado esta resposta, a estas alturas do curso a situación non ten variado ao non terse ofertado a solución anunciada en sede parlamentar. Este feito ten provocado moito malestar entre as nais e pais do alumnado da parroquia de Artes. Polo tanto, consideramos preciso que este aspecto sexa aclarado, sen perder de vista que o fin último debe ser solventar esta situación na maior brevidade posíbel.

Iniciativa Parlamentar:
transporte-escolar-artes.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *