Entrevista ao Conselleiro de Medio Ambiente

O conselleiro de Medio Ambiente, o socialista Manuel Pachi Vázquez, nunha entrevista no País, fala, entre outras cuestións, da Rede Natura e do Plan Galego de Acuicultura. Agardamos que a mesma sensibilidade que amosa con cabo Touriñán a teña tamén o Conselleiro con un dos espazos mellor protexidos de toda a costa galega, como é o LIC de Corrubedo. Doutro xeito non se entendería:

O anterior plan metía en Rede Natura prácticamente todas as plantas. Este goberno gañou un símbolo sangrando políticamente ao salvar cabo Touriñán da piscifactoría que alí se pretendía construir. Algún día recordarase como un dos emblemas deste país, porque este goberno antepuso a política medioambiental frente a Pescanova, unha das principais empresas, que fixo deste tema unha bandeira. Hubo un goberno que dixo que non e aguantou.”

Ainda que logo, un pouco máis abaixo, sentencia: A Rede Natura non ten que ser toda ela un espacio intocable.

Lembramos que o Plan Galego de Acuicultura esténdese por toda a costa galega, dende a fronteira con Asturias ata o límite con Portugal, incidindo especialmente e de forma desproporcionada no entorno dun dos máis valiosos espazos naturais da nosa costa: o “Complexo Húmido de Corrubedo”, incluído na proposta galega para a Rede Natura 2000, e que abarca os termos municipais de Ribeira polo Sur e Porto do Son polo Norte. Segundo se deduce do exposto na revisión do Plan, o tramo costeiro deste espazo será o máis afectado polo desenvolvemento e execución deste, xa que nel se inclúen case medio millón de metros cadrados de superficie dos municipios de Ribeira (363.000 m2) e de Porto do Son (115.000 m2) como parques de tecnoloxía alimentaria, o que supón o 15,05% da superficie total prevista.

A área afectada polo desenvolvemento do Plan é lindeira con algúns dos mellores espazos protexidos da costa galega e de todo o noroeste peninsular, que ostentan as máis importantes figuras de protección existentes: Parque Natural “Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán”, Parque Nacional das “Illas Atlánticas de Galicia”, Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) “Complexo Húmido de Corrubedo”, Humidal Protexido (HP) “Complexo das Praias, Lagoa e Duna de Corrubedo”, Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) “Complexo Húmido de Corrubedo”, Humidal de Importancia Internacional (Ramsar) “Complexo das Praias, Lagoa e Duna de Corrubedo”, Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) “Complexo Litoral de Corrubedo”, etc.

O País. ENTREVISTA: MANUEL VÁZQUEZ Conselleiro de Medio Ambiente

Unha reflexión sobre “Entrevista ao Conselleiro de Medio Ambiente

  1. Andres

    Se a Rede Natura non ten que ser toda ela un espacio intocábel, tocaranos a nós a china? Agardo que non.

    Touriñan, non e Corrubedo tampouco! Entendendo por Corrubedo todas as que se pretenden colocar no LIC de Corrubedo: Aguiño, Corgo e Seráns. 500.000 metros de chan tan xuntas e nunha zona tan sensíbel paréceme unha verdadeira pasada. Cabesiña, por favor!!

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *