Control da velocidade en O Vilar

O vecindario de O Vilar atópase moi preocupado polo elevado número de vehículos que transitan a diario pola súa estrada: tráfico de camións á canteira de Xarás, circulación constante de vehículos cara á Praia do Vilar e á “Casa da Costa”... Ao número de automóbiles hai que engadirlle ás elevadas velocidades ás que se transita pola zona que xa teñen dado máis dun susto á veciñanza.

Á altura da taberna do Vilar, hai unha marquesiña onde o bus escolar ten a súa parada, alí os nenos e nenas a diario atravesan estrada nunha curva con visibilidade nula. Este cruce comunica a parte alta da aldea do Vilar coa súa parte baixa, e polo tanto é vía de cruce peonil a todas as horas do día. Todo isto supón un elevado risco para os veciños e veciñas que teñen que facer este percorrido a diario.

O BNG de Ribeira, por medio da concelleira Anxeles González Cruxeiras, demandou a colocación de sinalización horizontal e vertical, pasos de peóns, e calquera outro dispositivo que faga minorar o tráfico na estrada do Vilar.

Iniciativa:
2007-07-09sinalizacionhorizontalverticalvilar.doc

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *