Separación de pluviais-fecais no saneamento de Carreira

O BNG de Ribeira, por medio da concelleira Anxeles González Cruxeiras, ven de denunciar que nas obras que se están realizando para dotar de saneamento a Vixán e O Vilar, na parroquia de Carreira, non se está levando a cabo a separación de pluviais e fecais.

Logo de moitos anos de demanda por parte da veciñanza, de moitos anos dende a Declaración de Parque, e de moitas promesas electorais por parte deste Grupo de Goberno Municipal, por fin se acomete por parte da Xunta de Galicia, a obra que vai dotar de saneamento ós lugares de Vixán e Vilar.

A veciñanza, tras unha longa espera, agardaba que a obra se fixese de xeito sensato, pero en pleno proceso de execución, decátanse de que non se está levando a cabo a separación de pluviais e residuais.

O Grupo Municipal do BNG, preocupado por esta actuación, demanda do Goberno Municipal que se fagan os trámites necesarios e da maneira máis urxente posible, para que na obra de saneamento Vixán-Vilar, se leve a cabo a separación de pluviais e residuais.

Iniciativa:
2007-09-24saneamentovixan.pdf

3 Comments on “Separación de pluviais-fecais no saneamento de Carreira”

  1. Non entendo, nunha obras destas características o máis costoso é poñer un tubo máis? Ahí hai adoquíns. Supoño que facer a canalización e despois volver a colocar os adoquíns ten un custo importante. Compensa deixar un tubo sen poñer e repetir o proceso noutra ocasión?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *