Estado da rede de pluviais e beirarrúas do Vilar

O BNG de Ribeira, por medio da concelleira Anxeles González Cruxeiras, ven de denunciar que preto dunha década despois de que se remataran as obras das beirarrúas do Vilar aínda os postes eléctricos están ou ben no medio delas ou no medio da estrada, constituíndo un grave perigo para o transito.

Así mesmo, na iniciativa tamén se fai patente o mal estado no que se atopa o rede de pluviais da zona, coas tubarias rotas e rebordando e provocando asolagamentos nas propiedades dos veciños e veciñas.

O BNG demanda solucións para estes problemas do Vilar en Carreira.

Iniciativa
2007-09-10estadobeirarruasarranxopluviais-vilar.pdf

Unha reflexión sobre “Estado da rede de pluviais e beirarrúas do Vilar

  1. Antón

    A verdade é que non sei que pasa cos postes de Fenosa, pero sempre que se fai unha obra nova pasan anos antes de que se quiten do medio. O que pasa en Carreira, pasa noutros puntos do Concello.
    Agora con unha concelleira de obras con dedicación exclusiva agardo que este tipo de cuestións se solucionen e non se repitan no futuro.

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *